crtvg-unicef-infancia-television-galicia

A CRTVG súmase a UNICEF pola semana da infancia con programación especial

  • A campaña de concienciación de UNICEF xira en torno ao Día Internacional do Neno
  • Os presentadores da televisión pública galega divulgarán artigos da Declaración dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia, emitiranse contidos do eido humanitario, entrevistas e un Pleno de Participación Infantil

A Corporación de Radio Televisión de Galicia CRTVG está a desenvolver no marco da XIII Semana coa Infancia unha programación especial da man de UNICEF. A iniciativa enmárcase nas ‘AcciónsG’ de Responsabilidade Social Corporativa do ente televisivo público galego e desenvolveranse até o 26 deste mes.

Ao longo desta semana, xornalistas e presentadores da TVG e da Radio Galega divulgarán os artigos recollidos na Declaración dos Dereitos da Infancia e Adolescencia coa finalidade de avanzar no seu cumprimento. Deste xeito, Marta DarribaIria Soengas, María SolarTerio Carrera ou Eduardo Herrero da TVG porán rostro a esta campaña. Tamén o farán Kiko NovoaCristina GarcíaÁgueda PenedoAntón Rebollido ou Victoria Rodríguez dende a Radio Galega.

Programación especial e entrevistas

A programación especial tamén abrangue os informativos, o programa ‘Bos días’, ‘A revista’ ou ‘Galicia por diante’, ‘A bóla extra’, ‘A tarde’, ‘A crónica’ e ‘Convivir’. Todo eles colaborarán emitindo contidos e entrevistas relacionados coa actualidade internacional no eido humanitario. Así, mostrarase o impacto do terremoto en Afganistán ou a devastadora situación que vive a infancia afectada polo conflito en Israel e Gaza.  

Este pasado luns, a TVG emitiu no ‘Bos días’ unha entrevista a Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Galicia, e este mércores a Ana Sotto-Mayor, directora de comunicación. O vindeiro domingo 26 contarase con José María Vera, director executivo de UNICEF España, quen trasladará as últimas novas sobre a situación da infancia na franxa de Gaza.

A televisión pública galega tamén acompañou aos máis cativos e cativas no Pleno de Participación Infantil e Adolescencia de Redondela que se emitiu o marte no magazine matinal ‘A revista’. O programa tamén contou cunha entrevista con Lucía Regueiro, actriz, presentadora, e Amiga de UNICEF Comité Galicia. #DígochoEu, un dos buques insignia da programación da ‘Galega’, tamén vivirá unha semana especial. Emitirá un vídeo especial sobre o impacto de internet e as redes sociais na adolescencia.

O Luar, tamén con UNICEF

Case todos os programas da radio televisión pública galega terán programación especial esta semana. ‘Quen anda aí’ ou ‘Hora galega’ aos que se suman na radio espazos como ‘A tarde’ ou ‘Galicia en goles’.

Un dos pratos fortes será o venres 24, no prime time da TVG. ‘Luar’ emitirá unha edición especial para achegar á súa audiencia o traballo de UNICEF. A todo isto, as canles dixitais da CRTVG están chiando toda esta semana co hashtag #SemanacoaInfancia. Tamén emiten vídeos e pezas especiais sobre os dereitos da infancia. Amais, contan cunha canle temática no portal web www.crtvg.gal.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos