deputacion-coruña-galego-campaña-galicia

A Deputación da Coruña invita a ‘desvergonzar’ o uso do galego cunha campaña chea de erros

  • A Sección de Normalización Lingüística do ente provincial lanza esta creatividade para animar a falar galego sen medo ás típicas erratas
  • A campaña chea de erros lingüísticos está desenvolvida por As Peaky Branders e pon o foco na aprendizaxe e busca restar valor eses erros iniciais

O pasado periodo vacacional, a Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña lanzou unha novidosa e disruptiva campaña focalizándose nos erros que se comenten ao comezar a falar galego de xeito habitual e oral. O certo é que o que pretendía conseguir era, precisamente, todo o contrario a destacar o erro, isto é, restarlle importancia.

Trátase dunha creatividade certamente inusual para unha institución pública e lingüística e está ideada pola axencia As Peaky Branders. Dita comunicación pretendía fomentar o uso do galego nas compras habituais e de agasallos e estaba chea de erratas lingüísticas. Desta maneira, a Deputación da Coruña achegouse ao uso máis cotiá desta lingua para as persoas que están a introducirse no galego ou no seu uso no oral. Fíxoo baixo o claim ‘Desvergonza o galego’.

Con isto, o ente provincial pretendía restarlle importancia a esas erratas que se cometen ao falar en contextos iniciais de aprendizaxe. Desta forma, a campaña invitou a falar de xeito natural o galego. Explicaban que deste xeito, nas compras ou en calqueira ámbito, a forma idónea de mellorar é falando.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos