e-escaparates-ecommerce-galicia-xornada-vigo

O Clúster do eCommerce Galego organiza en Vigo o segundo E-Escaparates

  • Celébrase este xoves 22 de febreiro ás 18.30h no Círculo de Empresarios de Galicia
  • Conta coa colaboración do propio Círculo de Empresarios, o Clúster de Comunicación de Galicia e empresas como a axencia Roi Scroll, Cointega Clúster, Fuikaomar, BEFLAMBOYANT e Don Disfraz

Nova edición, a segunda, da xornada que o Clúster do eCommerce Galego organiza en Vigo para mostrar todo o potencial deste sector en Galicia. O segundo E-Escaparates terá lugar no Círculo de Empresarios, este xoves 22 de febreiro dende ás 18.30h da tarde. O propio espacio que acolle as ponencias participa como colaborador xunto ao Clúster de Comunicación de Galicia.

Trátase dunha sesión deseñada para mostrar as estratexias de éxito que empregan distintos eCommerce galegos. Os convidados compartirán o seu know-how servindo de inspiración para futuras estratexias de todas aquelas empresas que decidan sumarse a abrir este tipo de comercios electrónicos.

Distintos productos, mesmo potencial de venta co eCommerce

Nesta sesión participarán empresas de distinta índole para mostrar casos de éxitos. Trátase de empresas galegas que xa empregan este tipo de ferramentas para dar a coñecer os seus productos a máis clientes, maximizando os seus beneficios. A benvida do E-Escaparates será a cargo do presidente do Clúster do eCommerce Galego, Xosé Luis Reza, acompañado de Alberto Rocha, secretario do Círculo de Empresarios de Galicia e Secretario Xeral de Cointega, unha das empresas colaboradoras.

Logo intervirá Silvia Amoedo, directora de Performance Marketing da axencia viguesa de publicidade e marketing Roi Scroll. Neste caso, abordará a temática dos escaparates virtuais e como empregando Social Ads podes potenciar o alcance e as ventas do teu eCommerce. Cara as 19h da tarde, o CEO de FUIKAOMAR, Iván Medina, falará do eCommerce no sector da moda e como se conectan a venda física e a online.

Tatiana González, cofundadora de BEFLAMBOYANT, falará sobre o eCommerce aplicado ao sector do calzado vegano e sostible. A súa ponencia titúlase ‘Innovar en producto e desenvolver unha marca desde 0 ata vender 16.000 pares de calzado en tres anos’. Posteriormente, a última charla correrá a cargo de Noela Saborido, responsable de contidos web da empresa Don Disfraz. Ela falará sobre como aplicar con éxito o eCommerce «que disfraza a medio mundo». O acto pecharase cun viño galego cara as 20h. e networking entre os asistentes.

As inscripcións permanecen abertas na web do Círculo de Empresarios de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos