emprendemento-estudantes-programa-2024-galicia

O alumnado galego aprende de emprendemento visitando tres empresas insignia

Un total de 150 estudantes visitaron estes días tres empresas galegas insignia nas provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. Participan nun programa que fomenta o emprendemento entre os mozos galegos e o coñecemento das empresa familiares galegas.

Alumnos de 4º da ESO do colexio San Xosé de Cluny de Santiago de Compostela se interesaron polo proceso industrial de Cortizo, a maior empresa galega de produción de produtos de aluminio. Nas factoría de Lence, a maior empresa leiteira de capital galego, os estudantes de 4º da ESO do CPR Fingoi de Lugo se interesaron polo sistema de elaboración do leite. En Vigo, rapaces de 4º da ESO do colexio Maristas aprenderon a importancia da loxística e o transporte de combustibles nas instalacións de Babé y Cia, unha das empresas máis antigas de Galicia, nacida en 1888.

As tres actividades forman parte do programa educativo ‘Empresa familiar nas aulas’ na que participan como mentores os principais empresarios galegos para fomentar o emprendemento e explicar o funcionamento das máis importantes empresas galegas. A iniciativa está impulsada por Afundación Obra Social ABANCA e a Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e desenvolve este ano a súa 4ª edición.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos