fala-baixiño-santiago-campaña-100x100-galicia

Santiago de Compostela incide no respecto ao descanso veciñal coa campaña ‘Fala Baixiño’

  • A iniciativa da axencia 100×100 repite o concepto ‘Respectar e Convivir’ para concienciar sobre a importancia de gozar do ocio sen alterar o descanso da veciñanza

O Concello de Santiago de Compostela busca concienciar e reducir ao máximo os ruidos que evitan o correcto descanso da súa veciñanza. A capital galega é un lugar de convivencia entre estudantes, traballadores e visitantes que gozan dos seus plans de lecer e ocio nocturno en zonas de convivencia cos cidadáns. Por iso, e buscando respectar o seu descanso en espazos públicos e privados, o consistorio renova coa axencia compostelá 100×100 Creatividad+Comunicación coa campaña ‘Fala Baixiño’.

A nova imaxe incorpora unha icona que representa a idea de manter un ton axeitado á hora de falar para non molestar ás demais persoas. Trátase dun xesto universal co que se evoca o coñecido “shhhh” co que se quere lembrar á veciñanza a necesidade de falar en voz baixa ou de manter certo silencio para manter unha convivencia agradable. Este concepto continúa no propio texto Fala Baixiño que se deforma para crear un efecto descendente das palabras. Así simúlase o xeito de rebaixar o tono, de facelo máis baixo, máis pequeno.

As Marías aconsellan falar baixiño

A estética da campaña destaca por un estilo gráfico que simula en cor e forma un sinal. Deste xeito, o formato rectangular e amarelo informa, advirte e aconsella, axudando ao obxectivo de manter a convivencia na cidade. A axencia 100×100 buscaba unha imaxe «chea de forza e significado, que representase unha figura puramente compostelá». É por iso que pensaron en Maruxa, a irmá maior das Marías, unha icona da cidade. Reconvertida en busto, reproduce o xesto da imaxe corporativa de Fala Baixiño co dedo índice sobre a boca aconsellando baixar o volume das conversas na rúa.

Fala Baixiño conta cun importante plan de medios a nivel local para difundir a súa mensaxe e lembrarlle á veciñanza que é primordial respectar e convivir de maneira harmónica, para crear unha cidade habitable e agradable para todas as persoas. A estratexia inclúe páxinas e faldóns nos dous principais xornais da cidade, cuñas de radio de 20” en emisoras locais e banners en diversos sites. Tamén publicidade exterior en mupis e autobuses da cidade e flyers informativos para difundir entre a poboación. 

Axencia e concello traballan asemade en diferentes accións promocionais coas que chamar a atención arredor desta campaña de convivencia. Centraránse especialmente naqueles colectivos que sofren máis directamente estas situación.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos