feiraco-campana-entroido-2024-galicia

Feiraco celebra o Entroido cunha edición especial e paraugas para que a festa non pare pola choiva

  • A campaña «No Entroido… que a festa non pare!» muda cunha edición especial as caixas de leite Feiraco coa imaxe dun gandeiro da cooperativa CLUN
  • A acción invita á participación dos consumidores para poder gañar paraugas cos que protexerse da choiva que se prevé para estas datas

A marca láctea Feiraco, integrada na cooperativa rural galega CLUN, lanza unha campaña especial para poñer en valor o Entroido tradicional galego. Baixo o claim ‘No Entroido… que a festa non pare!’ a creatividade busca amosar o compromiso da marca coa cultura e as tradicións de Galicia. A iniciativa está protagonizada por Víctor, gandeiro da cooperativa CLUN, e estará visible en todas as caixas de leite de Feiraco: natural, semidesnatada e desnatada .

Este ano, sen embargo, a festa virá acompañada de choiva. É por iso que, logo do éxito de anteriores iniciativas levadas a cabo por Feiraco, a marca láctea recupera un regalo para os días de choiva na promoción que xira entorno a esta campaña. Para que a choiva non sexa un impedimento para gozar do Entroido, Feiraco sorteará 150 paraugas deseñados para a ocasión entre todas as persoas que merquen unha caixa de leite e participen na campaña.  

“En Feiraco, todo se decide no campo, como di a nosa última campaña. E un dos campos favoritos dos galegos son os campos da festa. Para que a festa no Entroido non pare pola choiva sortearemos moitos paraugas Feiraco”, apunta a directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey

Os gandeiros como protagonistas

Os gandeiros e gandeiras da cooperativa toman o protagonismo unha vez máis nas accións realizadas pola marca, como forma de visibilizar ás persoas que están detrás da produción de alimentos como o leite. CLUN é a maior cooperativa leiteira de Galicia e neste caso dan protagonismo a Víctor, gandeiro protagonista da campaña de Entroido. Será a imaxe principal de todas as  caixas edición desta edición especial para a tradicional festa dos disfraces a as máscaras. A iniciativa, segundo destaca a empresa, «é unha nova mostra do compromiso da empresa láctea coa cultura galega. Feiraco, integrada en CLUN, comparte os valores da Cooperativa Rural Galega e aposta pola galeguidade, o desenvolvemento rural e a economía social».

feiraco-campana-entroido-2024-galicia

O sorteo dos paraugas e a presenza da edición especial do novo packaging estará presente durante todo o mes de febreiro. O último día para participar no sorteo será o 29 de febreiro. Poderán participar nela todas as persoas que compren unha caixa de leite Feiraco (enteiro, semidesnatado ou desnatado). Nestas caixas de leite edición especial Entroido figura un código QR para acceder ao formulario e participar no sorteo. Tras cubrir os datos do formulario, a persoa participante deberá achegar unha fotografía do recibo de compra da caixa de leite Feiraco.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos