feiraco-campaña-recados-carmen-galicia

Feiraco tira de linguaxe futboleira para defender a gandaría galega: ‘Todo se decide no campo’

  • A cooperativa láctea con sede en Ames (A Coruña) adica aos gandeiros e gandeiras o espazo da súa última campaña
  • A creatividade está desenvolvida pola axencia Recados Carmen

A marca galega Feiraco, integrada na maior cooperativa láctea de Galicia (Cooperativa Rural Gallega CLUN) acaba de lanzar nova campaña creativa para defender o labor dos seus gandeiros y gandeiras e a importancia do sector lácteo na comunidade. «O traballo dos nosos gandeiros e gandeiras é o que fai posible todo o que somos en FEIRACO. O traballo de todos eles, o seu esforzo e a súa dedicación ten un punto clave en común: o campo«, reza a landing page desta nova campaña.

A idea, desenvolvida pola axencia creativa Recados Carmen, presenta nun pequeno spot aos seus traballadores como unha homenaxe aos socios da cooperativa que saen «cada día a defender a nosa paisaxe, as nosas aldeas, a nosa forma de ser e a calidade do noso leite», explican, coma un grito en común coma se dun equipo de fútbol se tratase,.

É por iso que «Todo se decide no campo» porque do campo «depende o presente e o futuro de Galicia», din. A campaña, que se emitirá en televisión, fai fincapé no ADN galego, na cultura e na economía do territorio coma líderes en producción láctea do mercado. A idea de Feiraco e Recados Carmen é a de expoñer a beleza da paisaxe, a importancia do campo e o seu valor coma presente e futuro para a sociedade galega.

feiraco-campaña-recados-carmen-galicia

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos