gadis-recollida-alimentos-campaña-galicia

Gadis únese á campaña solidaria ‘A Gran Recollida de Alimentos’

A cadea de hipermercados galegos Gadis únese esta semana á Gran Recollida de Alimentos que a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) pon en marcha en todo o territorio nacional. Nos supermercados da compañía recolleranse alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene, ademais de recadar fondos económicos. Esta campaña solidaria busca axudar a aliviar a situación de vulnerabilidade na que se atopan as familias con menos recursos.

Nos establecementos de Gadis a recollida será o venres e o sábado 24 e 25 de novembro habilitando zonas para que os seus clientes poidan colaborar depositando os produtos. A outra opción é realizar unha achega económica ao abonar a súa compra nas caixas. A cadea galega volve a adherises a esta campaña que apoia de forma ininterrumpida desde 2014 sempre coa implicación dos seus clientes e dentro do seu programa de RSC.

Toda a axuda recadada nos Supermercados Gadis será xestionada polos 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León cos que coopera habitualmente: Rías Altas (A Coruña, Santiago e Ferrol), Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid e Salamanca.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos