- Bululú asina a creatividade da Xunta para o Día de Galicia e Avante encárgase de xestionar a campaña de medios
- Consiste nun percorrido emocional e visual sobre alicerces gastronómicos, culturais e paisaxísticos da nosa comunidade
Nun ano marcado polo coronavirus, as celebracións adquiriron maior relevancia e buscaron formatos para esquivar os impedimentos derivados das limitacións de aforo e medidas sanitarias. Por iso, a celebración do Día de Galicia convértese en algo máis. Unha data de orgullo de pertenza e de homenaxe.
Se o ano pasado Canal Uno apostaba por un día no que había moito que festexar e vivir, Bululú Creativos converteu este 25 de xullo en “Moito máis ca un día”. Ese é o claim da campaña da Xunta para o Día de Galicia, xestionada por Avante Medios dende o 14 de xullo como unha das tres axencias adxudicatarias do acordo marco para o servizo de produción e difusión das campañas institucionais do goberno galego en datas relevantes para a nosa Comunidade Autónoma.
Unha campaña 360 para chegar a todos os recunchos de Galicia nun día moi especial para todos os galegos. Reflicte a través das súas creatividades e dun anuncio todo o que é Galicia. Un percorrido emocional e visual sobre alicerces gastronómicos, culturais e paisaxísticos da nosa comunidade.