nachomiras-beca

6.000€ para comezar a cumprir soños

  • O Colexio de Xornalistas e Abanca poñen en marcha unha nova edición da Bolsa Nacho Mirás para novos titulados en Xornalismo e Comunicación
  • O prazo de inscrición remata o 30 de abril e o obxectivo non é outro que fomentar os proxectos que as novas xeracións queren levar a cabo no ámbito da comunicación

Un pequeno empuxón para atopar o camiño profesional sempre é necesario e, máis, se vai acompañado de 6.000 euros cos que poder poñer en marcha un proxecto, neste caso no ámbito do xornalismo e da comunicación. Iso precisamente é o que busca a Bolsa Nacho Mirás promovida polo Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia, promocionada por Abanca e que conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

En 2020 a Bolsa Nacho Mirás para novos titulados cumpre V edicións e a súa idea é a de seguir cumprindo soños de principiantes. En 2019 cumpría os de Alejandro Vázquez, Sara Barreiro e Antonio Méndez que vían como grazas a ela o seu proxecto “Entrelinguas” facíase realidade. Unha reportaxe multimedia que dá unha visión das principais diferenzas lingüísticas que existen Galicia mediante as diferentes áreas dialectais. Unha investigación que se inicia buscando unha historia (a lingua) pero que vai atopando outras que terminan facendo un retrato dos 13 concellos reflectidos na web.

Para esta nova entrega a recepción de solicitudes e propostas está xa aberta e poderanse presentar as candidaturas ata o día 30 do próximo mes de abril.  Poderán participar aqueles proxectos xornalísticos de novos titulados, tanto en Xornalismo como en Comunicación Audiovisual durante o últimos cinco anos, é dicir do 2016 ata a actualidade. Unha oportunidade única para desenvolver traballos que son todo un exemplo de innovación na profesión e que son inéditos e non contan con outro tipo de financiamento, nin pública nin tampouco privada.

As propostas poden ser traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para poñer en marcha un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa conta cunha dotación económica de 6.000 euros que poderá ser dividida se o xurado estímao oportuno. Os interesados deberán enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal o formulario de inscrición, unha fotocopia do título (ou copia do expediente para os  estudantes de último curso), unha descrición do proxecto e cronoloxía do traballo, orzamento estimado e unha nota sobre o autor ou autores, que poderá acompañarse dun CV. Valorarase que o proxecto se materialice en galego, ser membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que poida ser unha solución profesional para os solicitantes e tamén a súa viabilidade futura, orixinalidade, amplitude xeográfica, traballo en equipo e documentación da memoria.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos