- A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle, este venres 19 ás 12:00h, o coloquio “Fálame do teu” no que participan 7 dos creativos mais importantes de España
- Pepa Rojo, Guillermo Viglione, Julián Abad, Carlos Yuste, Santiago Romero, José Luis Moro e Pablo Torreblanca darán unha lección maxistral de creatividade aberta ao público ata completar aforo
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra recupera mañá venres “Fálame do teu”. Trátase da serie de coloquios entre publicistas recoñecidos que se creou alá polo 2009 no campus pontevedrés. Un evento aberto ao público, que terá lugar este venres 19 ás 12.00 horas en Pontevedra. Estará protagonizado por sete dos creativos máis importantes a nivel nacional.
Todos eles traballaron para algunhas das principais axencias publicitarias españolas, como é o caso de Ogilvy, McCann Erickson, Lowe ou Leo Burnett. Deseñaron campañas para multinacionais de telefonía, automóbiles, electrodomésticos ou alimentación e foron premiados en festivais publicitarios como Cannes Lions, El Sol, ou CdeC.
Sete Magníficos da creatividade
Nesta recuperación de “Fálame do teu”, intervirán a directora creativa de Facebook Spain, Pepa Rojo. Tamén o director da axencia Dimensión e ex-presidente do Club de Creativos, Guillermo Viglione. O director de Creatividade Galega, Julián Abad e o creativo freelance Carlos Yuste. Á cita tampouco faltarán o director creativo de Verve, Santiago Romero, e José Luis Moro e Pablo Torreblanca, fundadores da axencia Pingüino & Torreblanca.
Son, sen lugar a dúbidas, sete dos creativos publicitarios máis importantes que hai en España. Aválanlles os premios e ter traballado para as principais axencias e anunciantes”.
Paulino Pérez, vicedecano de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
Un interesante diálogo entre creativos, que está dirixido tanto ao alumnado como a egresados. Tamén a profesionais e a todo o público interesado. Poderase acceder libremente hasta completar aforo.
Unha conversa entre “colegas” que non contará cun moderador ao uso, xa que será Santiago Romero o encargado de ir introducindo os diferentes temas. Un coloquio no que haberá espazo para pór en contexto o momento que está vivindo a publicidade e para coñecer traballos e anécdotas deste grupo de profesionais. Tamén servirá para pór no mapa da publicidade en España á cidade de Pontevedra, á facultade e ao Grao en Publicidade e Relacións Públicas.