Maker Faire Galicia

A 9ª Maker Faire Galicia chega o 1 de xuño a Gaiás con récord de proxectos e experiencias

Do 1 ao 4 de xuño celebrarase no Museo do Gaiás de Santiago de Compostela a Maker Faire Galicia. Trátase da cita de referencia para a comunidade Maker. A programación de 2023 bate récords en proxectos, obradoiros e conferencias. En total, presentaránse máis de 70 proxectos e 300 makers; máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais.

Descubre o programa ao completo!

O primeiro día, o 1 de xuño, estará adicado á industria. Presentaránse charlas inspiradoras e coñecementos de expertos en diferentes campos. Dimitris Petrotos presentará o seu proxecto Laddroller, centrado na mobilidade sen barreiras. A mesa redonda «Dilemas éticos na intelixencia artificial», contará coa participación de Amparo Alonso, Bárbara Román de Nolegaltech e Ana Mª Alonso. Da innovación en biotecnoloxía tamén se falará con Eldara Rodríguez Cobo, responsable de innovación de NANOGAP; Alvaro Goyanes, director e cofundador de FabRx; Patricia Fraga María de DIH DATAlife; e Julio Martínez Rumbo, Project Manager do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida ( Bioga).

No eido da enerxía David Buceta, CTO de NANOGAP, presentará Hysun. Un proxecto que pretende revolucionar a xeración de hidróxeno renovable. Ademais, haberá un concurso de proxectos e un concerto de plantas que promete ser espectacular.

O 2 de xuño a xornada estará centrada na educación coa participación de referentes destacados. O mozo maker Samu falará da arte como forma de expresión e comunicación. Eva Cabanelas abordará a importancia da divulgación científica. Esther e Diego, finalistas do Stockholm Junior Water Prize (#SJWP), presentarán o seu proxecto «Nunca choveu que non escampara».

Ademais, contarán coa experiencia de Pablo de Miguel Morales de Autofabricantes; Jorge Sánchez López (Simón), enxeñeiro e co-director do Centro CeLeO; Xoan España, Director Xeral e Transformación de Amicos; e Pablo Vilariño, Instrutor de Tiflotecnoloxía e Braille da ONCE. Todos eles estarán moderados pola xornalista Selina Otero, que guiará a conversa e facilitará o intercambio de coñecementos sobre inclusión e accesibilidade na comunidade Maker.

Maker Faire Galicia

E a fin de semana?

Os dous últimos días, o 3 e o 4 de xuño, estarán abertos a todos os públicos. Durante estes días os asistentes poderán explorar o mundo dos brazos electrónicos e mergullarse nas páxinas da revista AI-GEN. Tamén descubrir a fusión entre arte e tecnoloxía con Rubén Ramos Balsa, afondar na domótica, interactuar co poderoso Chat GPT e marabíllarse coa maxia da impresión 3D.

O sábado día 3 adicarase unha parte importante da xornada ao “emprendemento social”. Participarán destacados relatores que abordarán temas fundamentais para promover o emprendemento con impacto social. Destacarase a importancia da inclusión, a sustentabilidade e a innovación neste ámbito. Dirixido por Víctor Grande, guionista e presentador, o acto contará coa participación de Celso Gándara, xerente de Algalia e presidente de FOROESGAL; Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia; Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia; Pablo de Miguel Morales de Autofabricantes; Ana Olveira, de Abeluria Coop; Lorena Quintás, de Xogo de Fíos; e representantes de destacadas organizacións como Grovemakers, Skeirrum, Ecos do Sur, Despunte e Cogami-Galega Economía Social.

Durante a fin de semana destaca este ano o espazo dedicado aos videoxogos e o Hackathon de Tecnoloxías de Apoio. Os participantes traballarán en equipo para buscar solucións aos retos propostos por entidades como a ONCE, ASPACE Coruña ou COGAMI Galicia.

Evento gratuito

A asistencia ao evento é totalmente gratuíta, tanto en liña como nas sesións presenciais de industria e educación. As xornadas de portas abertas dos días 3 e 4 de xuño terán un custo de 6€ presenciais, sendo gratuítas para menores de 6 e maiores de 65 anos.

A 9a edición de Maker Faire Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia; o Concello de Santiago; a Fundación Cidade da Cultura; a Asociación para o Progreso da Dirección (APD); o Círculo Financiero de Galicia; e o Club Empresarial Nordés. Ademais, conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Para obter máis información sobre este apaixonante evento e como participar, visita a seguinte LIGAZÓN.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos