A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu entrega o XI Premio Especial José Sellier ao Chanfaina Lab. Trátase dun proxecto de creación audiovisual colectiva do concello de San Sadurniño. Unha iniciativa que, según a AGA, «fomenta a liberdade creativa e favorece a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reinvindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.»
Chanfaina Lab convida a creadores audiovisuais a gravar no concello de San Sadurniño unha curtametraxe durante unha fin de semana. A liberdade temática e estilística é total sempre que teña a San Sadurniño como referente. No mes de febreiro os filmes son proxectados nun acto público coa asistencia dos autores e a veciñanza do concello. A convivencia de cineastas locais de diferentes idades e procedencias, con outros de traxectorias consolidadas enriquece unha proposta que se fundamenta no respecto polo territorio.
O Chanfaina Lab é imprescindible porque pon o foco no territorio, que debera ser un protagonista máis no audiovisual que producimos aquí. Aposta ademais por unha mirada ampla sobre o talento, contando con creadores de diferentes idades e experiencias” ao tempo que definía á iniciativa galardoada co XI Premio Sellier como “todo un exemplo de como debemos comportarnos como sector.”
Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual,