A CRTVG busca unha nova melodía para o Nadal galego

  • O prazo de presentación de cancións estará aberto ata o próximo 10 de decembro
  • O premio conta cunha dotación económica de 1.000 euros e canción gañadora terá difusión na televisión e na radio públicas, así como nas redes sociais

A CRTVG abriu unha nova convocatoria para poñerlle melodía ao Nadal galego. A cuarta edición do certame “Este Nadal Canta con Nós” xa está en marcha coa idea de atopar a mellor banda sonora para acompañar aos galegos este Nadal e, para iso, as cancións deben de ser inéditas e orixinais, ademais de estar escritas en lingua galega.

O premio conta cunha dotación económica de 1.000 euros e, para dilucidar o gañador, o xurado valorará a orixinalidade, a calidade técnica e o acompañamento dun vídeo musical. Ademais do premio, a canción gañadora terá difusión na televisión e na radio públicas, así como nas redes sociais.

Cada concursante presentará un só tema, cunha duración non superior aos 4 minutos e poderá enviar un vídeo musical do mesmo. Os participantes enviarán as súas cancións, de temática libre, en formato mp3 ou mp4, en caso de presentar un vídeo musical, ao enderezo canciondonadal2018@crtvg.es.

O gañador cederalle á CRTVG o dereito de reprodución e de comunicación pública da súa canción. Pola súa parte, o xurado estará composto por 6 persoas designadas pola dirección da Corporación Radio e Televisión de Galicia. Farase público o vencedor o 13 de decembro na web www.crtvg.gal, onde tamén se poden consultar as bases.

Esta é a cuarta edición do concurso musical, que anteriormente gañaron os nenos do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, coa súa proposta “Cando é Nadal”; Iván Vale, coa canción “O meu Nadal perfecto”, e Plan Siberia, con “Xunto a ti”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos