celtic-media-festival-tvg

A CRTVG consegue 11 nominacións aos Premios Celtic Media 2021

  • Os programas da TVG ‘Malicia Noticias’, ‘Os Castros’, ‘Desmontando Galicia’, ‘Un canto á vida’ e ‘Aquelando na casa’, competirán en setembro en Escocia polos seús galardóns
  • A RG tamén opta a premio por ‘Pensando en ti’ e ‘Convivir Deportivo’ xunto a outras producións participadas pola CRTVG coma son o documental ‘Máis ca vida’, a serie ‘Auga Seca’ e o filme ‘A illa das mentiras’&.

De noraboa están todos os profesionais da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, e por extensión o sector audiovisual galego. O ente público consegue unha morea de nominacións os Premios Celtic Media. Concretamente son 11 producións as seleccionadas polo xurado que se reparten entre programas da TVG, RG e outras producións participadas pola CRTVG.

11 nominacións con selo CRTVG

Un total de once programas foron seleccionados como finalistas nestes prestixiosos premios que recoñecen e promoven a cultura e as linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación.  

Pola TVG foron seleccionados os programas ‘Malicia Noticias’, nas categoría de O Espíritu do Festival e na de Entretemento Baseado en Feitos Reais. No apartado de Historia, ‘Os Castros’, unha serie documental que dá a coñecer a riqueza do noso patrimonio castrexo, e na sección de Televisión Real, o ‘Desmontando Galicia’ dedicado ao AVE, un programa que trata de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural desde o punto de vista do entretemento e cunha atractiva narrativa de imaxe integrada dixitalmente.

Producións participadas

Tamén son candidatos aos Celtic Media Festival, na categoría de Entretemento, o espazo ‘Un canto á vida’, un concerto de Rosa Cedrón e Cristina Pato que pretendeu homenaxear as vítimas da covid-19 en Galicia. No apartado de programa infantil, ‘Aquelando na casa’, unha versión do programa de divulgación científica ‘Aquelando’ creado durante o confinamento para que a rapazada aprendese de xeito divertido desde os seus fogares. Na sección de Asuntos de Actualidade destaca o espazo ‘Ruta amodiño’, pertencente ao xénero da slow tv, un programa que percorreu as principais cidades galegas para amosar a imaxe única e impactante das rúas baleiras de xente no confinamento por mor da emerxencia sanitaria.

Outras producións participadas pola CRTVG que optan a estes galardóns son, na categoría de Documental, ‘Máis ca vida’ que forma parte dun proxecto inclusivo dirixido por Rubén Riós e que xa foi destacado coa mención especial dos premios europeos Prix CIRCOM. No apartado de series, a coprodución galego portuguesa ‘Auga Seca’, un thriller policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, a primeira serie en lingua galega en incorporarse ao catálogo de HBO. Finalmente na categoría de drama, a longametraxe ‘A illa das mentiras’, gañadora de cinco premios Mestre Mateo.  

Dúas candidaturas na Radio Galega

Asimesmo, dous programas da Radio Galega figuran na listaxe de candidatos: ‘Pensando en ti’ e ‘Convivir Deportivo’. O primeiro é o emblema das madrugadas en Galicia que compite na categoría de magazine de radio, no que os oíntes comparten con Marcial Mouzo experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. O segundo é o programa de Alfonso Pardo, no que se viaxa por toda Galicia na busca de historias relacionadas coa realidade social do deporte e que foi seleccionado no apartado de Radio Documental.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos