A CRTVG e a Secretaría Xeral do Deporte únense para fomentar o deporte

  • A programación centrarase naqueles deportes que teñan un seguimento minoritario ou que carezan da visibilidade, poñendo o acento no deporte feminino, deporte base e nos deportes tradicionais e minoritarios, así como naqueles eventos deportivos considerados de importancia para a sociedade
  • Crearase una canle web colaborativa e específica para o tratamento informativo destes deportes e produciranse e emitiranse un mínimo de 40 pezas audiovisuais especializadas

A Corporación Radio Televisión de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte a través do que as dúas entidades colaborarán no fomento do deporte base, do deporte feminino e daqueles deportes alternativos. Deste xeito, a CRTVG seguirá a desenvolver a súa  programación específica polas canles da TVG, tvG2, Radio Galega e as súas canles dixitais (portal crtvg.gal e redes sociais) e incorporará unha nova canle web aberta e colaborativa.

O convenio foi asinado na sede de San Marcos da CRTVG pola secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, xunto ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen sinalou a súa “satisfacción por este convenio, que vén recoñecer o traballo dos profesionais da área de Deportes da CRTVG a prol do deporte base ou do deporte feminino, do que se fixeron xa, no que vai de ano, 30 retransmisións”. Pola súa parte, Míguez asegurou que este acordó «é una excelente nova para afondar na divulgación, na difusión e na información actualizada sobra as competición e actividades desde deportes que teñen menos presenza mediática, nomeadamente o deporte base, o deporte feminino e os deportes minoritarios ou alternativos».

Canle web e pezas informativas

Ao abeiro do convenio crearase unha canle web colaborativa e específica para o tratamento informativo de deportes de base, deporte feminino e alternativos que ten como obxectivo a difusión a través de soportes dixitais de información e retransmisións relacionadas con estes deportes. A nova canle web fundamentarase na narración multimedia e busca adaptar os contidos ás posibilidades tecnolóxicas que permite o medio web. Os usuarios poderán acceder ao servizo a través dun sistema de validación que lles permitirá tanto a publicación como a visualización dos contidos, segundo as correspondentes autorizacións. Os responsables da xeración dos contidos serán os propios clubs, entidades e federacións, mentres que o público xeral terá acceso libre e gratuíto ás emisións realizadas a través das plataformas da CRTVG.

Esta canle permitirá a publicación de mensaxes, fotografías e vídeos, un repositorio público de contidos audiovisuais elaborados polos usuarios e a integración dos contidos producidos pola CRTVG sobre os deportes obxecto deste convenio, un soporte de directo que permita a retransmisión en streaming de acontecementos relacionados co obxecto do convenio e unha plataforma que recolla resultados deportivos de competicións de base, deporte feminino e alternativos. Ademais, o proxecto contará cun deseño responsive que garanta a mellor adaptación da canle a calquera plataforma.

Por outra parte, a CRTVG ocuparase da produción e emisión dun mínimo de 40 pezas especializadas que recollerán a actualidade xerada arredor de competicións, equipos, deportistas e asociacións deportivas que organicen e practiquen estes deportes. As pezas informativas, que contarán co asesoramento e apoio da Secretaría Xeral para o Deporte, serán emitidas fundamentalmente nos programas deportivos da CRTVG.

A CRTVG ten o deber, como servizo público que é, de dar a coñecer a promover entre a súa audiencia a divulgación de programas mediante os que se acade unha formación integral dos galegos e galegas na importancia que teñen os hábitos de vida saudables e a práctica deportiva.

 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos