sinxelo-crtvg

A CRTVG lanza o proxecto de RSC ‘Sinxelo’ en colaboración coa UVIGO

  • Un proxecto pioneiro en España que nace da colaboración coa Universidade de Vigo e que busca achegar a información ás persoas con algunha dificultade de comprensión
  • Os servizos informativos da televisión pública galega emiten dende xa «Sinxelo», vídeos accesibles na G24 e tamén nas redes sociais

Unha acción de Responsabilidade Social Corporativa que a CRTVG pon en marcha para mellorar a accesibilidade dos seus contidos ás personas que sufren algún tipo de discapacidade ou dificultade de comprensión. A través de “Sinxelo”, o ente público difunde información audiovisual en galego nun formato baseado na “lectura sinxela”. Unha difusión dos vídeos que se realiza a través da web G24.gal e as canles dixitais YouTube, Facebook, Instagram e TikTok. A CRTVG é o primeiro medio audiovisual en aplicar este nivel de comunicación con este formato aos seus contidos.

Colaboración coa Universidade de Vigo

Os vídeos son realizados polos Servizos Informativos da TVG en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Este é o encargado de verificar, validar e intervir tamén na adaptación dos contidos e formatos para cumprir cos estándares da “lectura sinxela”.  Un método que aplica pautas e recomendacións á redacción de textos, ao ritmo das imaxes ou ao deseño e maquetación de documentos. Sempre coa finalidade de facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión lectora, fundamentalmente a persoas con síndrome de Down.

A voz dos vídeos está xerada mediante intelixencia artificial e a súa velocidade está regulada ao fin correspondente. Os parámetros dentro dos que se move o proxecto están tamén marcados pola asociación Inclusion Europe, apoiada pola Unión Europea, e levan o logo Easy-to-read.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos