A CRTVG prepárase para dar o salto a FullHD

  • Presenta as primeiras imaxes da súa nova redacción dixital, o corazón dun proxecto de 15 millóns de euros con preto de 1.000 traballadores
  • A TVG comezará a emitir en Alta definición en decembro e lanzará a súa plataforma dixital OTT 2.0 en 2019 con canles temáticas específicas de servizo público

Logo de 3 anos de duro traballo, a CRTVG presenta a súa nova estrutura dixital, un proxecto de 15 millóns de euros que pon aos medios públicos galegos na vangarda tecnolóxica europea. E mostra tamén nova redacción dixital, o corazón dun proxecto que cambia por completo a filosofía de traballo do ente para adaptarse ás novas tecnoloxías e ás novas realidades de consumo televisivo, especialmente a nivel informativo. A CRTVG é o principal soporte da industria audiovisual de Galicia, cun plantel de preto de 1.000 traballadores.

Este mes de setembro está a ser o mes da implementación tecnolóxica polo que os espectadores verán programas e informativos en platós diferentes aos habituais, xa que o proceso de transformación estase a facer en paralelo, sen paralizar a emisión. A TVG confirma que comezará en decembro de 2018 a emisión en alta definición (HD) da primeira canle, que simultaneará coa súa emisión en SD para chegar a todos os fogares. Este será o paso previo para o salto a FULL HD previsto para 2019.

En 2019 a CRTVG lanzará a súa propia OTT 2.0 unha versión xa de segunda xeración no mundo das OTT (Over the top) que servirá de escaparate para todos os contidos habituais e máis as novas canles que sumará a CRTVG ao redor deste nova aposta de crecemento e desenvolvemento do servizo público. Entre as múltiples posibilidades que ofrece esta nova vía de comunicación, a CRTVG traballa para que as dúas primeiras canles específicas sexan unha educativa, especialmente dirixida aos rapaces, e outra de deporte base, os minoritario e de deporte feminino.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos