CRTVG 2023 consolidación 100% persoal

A CRTVG promete en 2023 a consolidación do 100% do seu persoal

  • O orzamento da Corporación Radio Televisión de Galicia para o ano que ven contempla un proceso de consolidación que suporá a estabilidade de 270 postos de traballo, co que se acadará a consolidación do 100% do cadro de persoal
  • A CRTVG contará en 2023 cun orzamento de 126 millóns de euros, 5 millóns máis que no ano 2022; uns cartos cos que o ente público continuará investindo en innovación e no apoio ao sector audiovisual galego como provedores de contidos

A CRTVG acaba de presentar o seu orzamento de cara o vindeiro exercicio, nada menos que 126 millóns de euros cos que promete a consolidación do 100% do seu cadro de persoal. Sostense, principalmente, coas achegas da comunidade autónoma -118,7 millóns de euros- e con ingresos publicitarios. No que ten que ver con esto último, para o ano que vén prevense o ingreso de 6,8 millóns en publicidade.

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da corporación, foi o encargado de dar a coñecer no Parlamento de Galicia o presuposto co que se anuncia nun comunicado “o maior proceso de consolidación de emprego da historia da Corporación con 270 prazas”.

En comparanza co exercicio actual, esta previsión reflicte un incremento de 5 millóns de euros respecto a 2022. Un aumento de orzamento que según a CRTVG é debido ao incremento salarial previsto, así como ao investimento en innovación en canles e contidos.

Tres liñas de actuación

Na súa intervención, o director xeral da CRTVG, sinalou que esta estimación orzamentaria xira arredor de tres liñas de actuación. A execución competitiva e de calidade do servizo audiovisual público; o investimento en innovación e no apoio ao sector audiovisual galego como provedores de contidos; e o compromiso coa estabilidade do emprego da totalidade do persoal.

Neste último senso, Sánchez Izquierdo afirma que o proceso de consolidación suporá a estabilidade de 270 prazas que se executarán no 2023. Con elas, acadarase a consolidación do 100 % do cadro de persoal da CRTVG e a execución dun novo proxecto laboral integral para os medios públicos. O seu obxectivo é mellorar en clave de gobernanza, estabilidade social e recoñecemento ao conxunto dos traballadores e mesmo na eficiencia do servizo público. A dotación orzamentaria para 2023 no que respecta o persoal ascende a 56 millóns de euros e inclúe o incremento salarial previsto.

O orzamento de 2023 amosa un renovado compromiso coa transformación dixital e a competitividade. Neste eido, as dotacións máis importantes están asociadas á posta en funcionamento da plataforma OTT e á consolidación dos proxectos dixitais. Outros proxectos previstos son: a dixitalización da documentación audiovisual; a recepción de sinal das cámaras wifi; afondamento da análise de ‘big data’; o cambio e virtualización do Plató 300 de informativos ou a renovación dos contidos de meteoroloxía; e a xeración de contidos educativos para colexios.

Potenciar os contidos propios e a actividade do sector audiovisual galego

Según a corporación, as cifras consignadas no orzamento de 2023 permiten potenciar os contidos propios. Tamén a actividade e a relación comercial coa industria audiovisual galega. Incorporan, ademáis, a dinamización da innovación e a tracción que proxecta a CRTVG sobre o sector audiovisual galego. Todo isto en liña cos 4 vectores determinados na estratexia dixital de Galicia 2030: igualdade dixital; foco nas persoas; impulso dun ecosistema dixital forte; e liderado dixital.

Manifestación en Santiago baixo o lema: “Por una CRTVG ao servizo do pobo”

Mentres tanto, o pasado domingo 6 de novembro celebrouse en Compostela una manifestación convocada polo Comité Intercentros. Unha marcha para demandar ao goberno galego o rescate da CRTVG, que consideran secuestrada polos intereses partidistas do PPdG.

O presidente do comité intercentros, Tiago Alvite, sinalaba que “se manifesta na programación informativa a manipulación continua e descarada dos contidos dos telexornais; en beneficio da forza política no goberno do Partido Popular. No resto da programación, no deterioro da variedade, do equilibrio e da calidade dos contidos destinados aos distintos públicos”.

Manifestación Santiago

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos