dag-pacto-diseño

A DAG súmase ao “Pacto por el Diseño”

  • Un documento promovido por READ e outras cinco entidades coma son FAD, Barcelona Centre de Disseny, Foro de Marcas Renombradas Españolas, Cadi y World Design Capital Valencia 2022
  • O “Pacto por el Diseño” busca dar pulo a unha futura Estratexia Nacional de Deseño e conectar a empresas e organizacións interesadas no uso do deseño como ferramenta de transformación

A DAG, a Asociación Galega de Deseño, incorpórase ao “Pacto por el Diseño” impulsado pola Red Española de Asociaciones de Diseño, e seis organizacións de referencia no sector: FAD, Fomento de las Artes y del Diseño; BcD, Barcelona centro de DiseñoFMRE, Foro de Marcas Renombradas Españolas; CADI, Centro Aragonés de Diseño Industrial e Valencia Capital Mundial del Diseño 2022.

Extratexia Nacional de Diseño

O impulso desta iniciativa nace do traballo conxunto e colaborativo das seis organizacións a través do grupo de traballo “La Multilateral del Diseño”. Tres anos despois da aprobación no Congreso dos Deputados da Proposición non de Lei para o desenvolvemento dunha Estratexia Nacional de Deseño, todas elas pensan que é o momento de retomar o camiño iniciado para apelar á capacidade do deseño para crear, innovar e aportar solucións transversais, sostibles, sociais e cun alto impacto económico. 

Ao igual que ocorre no resto de países europeos, consideran que é necesario aproveitar o valor do deseño para axudar na recuperación económica, social e medioambiental.

Apoio de profesionais, empresas e organizacións

O pacto busca o apoio de profesionais, empresas e organizacións que fan un uso estratéxico do deseño, as que ofrecen servizos de deseño, pero tamén as que cren no poder transformador do deseño e a súa capacidade para engadir valor e mellorar a competitividade do noso país. 

A elaboración e implementación dunha Estratexia Nacional de Deseño preséntase con cinco eixos claros nos que incidir: tecido empresarial, sector público, educación, sociedade e sector deseño.

A iniciativa conta xa coa adhesión de numerosas entidades como a DAG, empresas e profesionais de distintos sectores e disciplinas. Polo de agora hai 91 entidades firmantes, 128 empresas e 175 particulares. Toda a información sobre o “Pacto por el Diseño” e o formulario de adhesión está dispoñible na páxina web da iniciativa.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos