A Galega, líder de audiencia neste Nadal

  • Cinco dos dez programas máis vistos en Galicia foron da Televisión de Galicia, incluídos os informativos ‘Telexornal Mediodía’ e ‘Galicia Noticias’
  • En Noiteboa, a TVG logrou unha cota media no prime time dun 17,9% e ‘Land Rober Tunai Show chegou a un pico do 26,2% cando reuniu 203.000 espectadores no minuto de ouro da canle

A TVG foi a canle elixida maioritariamente polos galegos nesta Noiteboa e no día de Nadal. Así, na xornada de Noiteboa, a Televisión de Galicia contou cunha cota media de 12,6%, mentres que na faixa do prime time a cota chegou a un 17,9%. O día de Nadal, a Galega acadou unha cota do 10,7% e foi a canle autonómica máis vista da rede de FORTA, Federación de Organismos ou Entidades de Radio e Televisión Autonómicos.

O día 24, o ‘Telexornal Mediodía’ foi o programa de maior audiencia da xornada cunha cota de pantalla do 21,8%. Pola noite, o ‘Land Rober Tunai Show Especial Noiteboa’ foi o máis visto do prime time, cun 20,5% e o minuto de ouro da xornada, cando ás 22.25 h concentrou 203.000 telespectadores e acadou unha cota do 26,2%.

5 dos 10 programas máis vistos en Nadal, con protagonismo dos informativos

Segundo datos de Kantar Media, a empresa que elabora os informes diarios de audiencias, a TVG fíxose o día 25 cos 5 primeiros programas dos 10 máis vistos da xornada: ‘Telexornal Mediodía 15.00’, ‘Telexornal Mediodía 14.30’, ‘Telexornal Serán 21.00’, ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Serán’.

A TVG rematará de novo o ano por riba da media de FORTA e como a segunda canle autonómica máis vista, só por detrás de TV3.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos