Cada 8 de marzo o Concello de A Coruña, ao igual que moitos concellos galegos, celebra o Día Internacional da Muller. Unha data de loita, protesta e visibilización das dificultades, teitos ou barreiras das mulleres no seu día a día, para ó que o consistorio herculino volve tirar da axencia local Reclam na súa tradicional campaña de concienciación.
Un traballo que neste 2022 fala diso mesmo, de empoderamento, das mulleres e a súa mensaxe, da súa loita e do que realmente lles preocupa. Baixo o claim «Importa, e moito», a axencia liderada polos irmáns Torrón, aproveita esta campaña e xornada para que sexa o altofalante das persoas o que teña ó protagonismo e que ningúen se esqueza así de darlle o 8M a importancia que merece.