mujeres-deporte-deputación

«A Realidade das Mulleres Deportistas», un spot da Deputación de Pontevedra

  • Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro protagonizan un vídeo no que reivindican o papel das mulleres no deporte
  • Unha peza audiovisual que a institución provincial emprega para amosar a sociedade os sesgos de xénero que as deportistas galegas de alto nivel aínda sofren a diario

Malia que nos atopamos en pleno século XXI, os datos relativos a presenza das mulleres no deporte de alto nivel son demoledores. Os datos ofrecidos pola UNESCO preocupan, porque segundo o ente o deporte feminino soamente recibe o 4% da cobertura nos medios de comunicación. Un documento que tamén amosa que o 23% das licencias federativas son de mulleres, que só o 30,5% das persoas adestradoras son féminas e que as primas da FIFA supoñen 30 millóns para 24 equipos femininos fronte ós 400 millóns dos 32 masculinos…

Por todo isto a Deputación de Pontevedra lanza unha peza audiovisual na que reinvindica e visibiliza as grandes mulleres do noso deporte.

«A Realidade das Mulleres Deportistas«

Un vídeo que ten un doble obxectivo, por un lado enxalzar os logros das mulleres deportistas de alto nivel e por outro, denunciar as discriminacións que aínda sofren a diario. Deportistas, adestradoras, árbitras e dirixentes de clubs como Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro protagonizan este spot lanzado pola Deputación de Pontevedra.

Todas elas berran que o deporte non ten xénero e fan gala da súa fortaleza, do seu poder e de que non teñen límites. O vídeo amosa os avances que se teñen dado en igualdade no deporte pero tamén os atrancos cos que as mulleres se atopan na actualidade.

Dende a Deputación de Pontevedra queren achegar estas referentes do deporte galego as mozas para que vexan a mulleres fortes e poderosas que están a alcanzar aquelo que se propuxeron, pero tamén para que se fagan conscientes das discriminacións que aínda existen no mundo do deporte.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos