A TVG mantén o seu liderazgo na faixa informativa do mediodía

  • Continúa sendo a canle máis vista polos galegos na faixa de 13.30 a 15.30 horas cun 19,6% de share
  • A TVG superou o grupo de televisións autonómicas da FORTA en 2,1 puntos de cota de pantalla no conxunto do mes

A Televisión de Galicia rematou o mes de maio incrementando a súa audiencia con respecto ao mesmo período do ano pasado e continuando como referencia para os galegos na faixa informativa do mediodía, co bloque composto polo “Galicia Noticias” e o “Telexornal”.

A TVG mediou durante o pasado mes unha cota de pantalla do 9,9% tanto no conxunto do día coma no prime time, uns resultados que melloran en dúas décimas os acadados no mes de maio de 2017.

A canle pública galega actuou de novo coma un dos principais motores de FORTA, xa que superou o grupo de autonómicas en 2,1 puntos de cota no conxunto do mes. Na faixa de maior consumo televisivo, esta distancia é aínda maior: 2,4 puntos.

Por horas, a TVG continúa a ser a referencia informativa en Galicia na faixa do mediodía (13.30 – 15.30 h.), cun 19,6% de share. O seguinte competidor, Antena 3, logrou un 12,2%, situándose a 7,4 puntos de distancia da Galega. De luns a venres, a cota de pantalla neste tramo horario ascende a un 19,8%. Os informativos que máis medraron durante o mes de maio foron “A Revista” (1,4 puntos) e o “Telexornal Mediodía” de luns a venres (0,7 puntos).

Ademais, durante o mes pasado, a CRTVG volveu ser o grupo que maior cota acadou en Galicia por canle, cunha media do 5,3%.   .

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Galicia

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos

Menú