TVG Autonómica máis vista 2022

A TVG repite no 2022 como a autonómica máis vista de España

  • Segundo a última onda do EXM, a televisión pública galega posiciónase coma a canle autonómica máis vista de España este ano superando en case catro puntos a catalana TV3
  • A TVG consolídase ademáis coma a canle líder no 2022 en Galicia xa que conseguíu unha cuota de pantalla de case o 21%, o que supón casi cinco puntos por riba da privada A3

Ano tras a ano, a TVG sigue posicionándose como a canle de televisión líder en Galicia; pero e que ademáis, dende fai un tempo a televisión pública galega é a autonómica máis vista en todo o territorio español. A Corporación Radio Televisión de Galicia sálenlle as contas de novo neste 2022, xa que tamén se posicionou líder o ano pasado.

Segundo a última onda do EXM, a cuota de pantalla da TVG na nosa comunidade é dun 20,9%.  Unha porcentaxe que supera en case cinco puntos o seguinte competidor, a canle privada A3 (16,1%).

Os datos da última entrega do ano do Estudo Xeral de Medios deixa tamén a TVG como a canle autonómica máis vista do 2022. Supera en case catro puntos a seguinte canle (TV3, 17,1%). 

Extraordinaria fidelidade dos galeg@s a súa TV e ao seu Audiovisual

Neste 2022 que está a piques de rematar, a TVG pecha a semana con catro dos sete días con algarismos por riba do 20% de audiencia. 22,3% os luns; 21,5% os martes; 22,7% os xoves e 21,5% os venres. Uns datos que reflicten unha extraordinaria fidelidade da cidadanía ao conxunto da grella de programación, todos os días e a todas horas.

Por franxas, a TVG lidera as mañás cun 15,8%. Na do mediodía a televisión pública galega segue a ser o gran dominadora. Os informativos ‘Galicia Noticias’, con Eduardo Herrero, e o ‘Telexornal Mediodía’, con Marta Darriba, seguen a liderar con solvencia os seus tramos. Case duplican a segunda opción, cun 33,3% para a TVG e 16,8% para A3. No prime time, a franxa de máis consumo e a máis competida do día, a Televisión de Galicia segue a ser a canle máis vista polos galegos. Obtén un 18,2% de media, superando en tres puntos o seguinte competidor.

Os datos de prime time reflicten o agrado da cidadanía polo traballo realizado polo sector audiovisual galego. Hai que ter en conta que a TVG compite nesa franxa con programas, series e cine elaborado en Galicia. Así, o 96% do que emite a primeira canle da TVG está feito en Galicia e por galegos. Algarismos que non acada ningunha outra canle a nivel estatal en referencia á produción no seu territorio.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos