aniversario-dag

Acabar cos concursos públicos que desprestixian a profesión, o obxectivo da DAG no seu 15 aniversario

  • A DAG, Asociación Galega de Deseño, busca a fórmula da «chamada a proxecto», para que as administracións públicas teñan en conta nos concursos os procesos de traballo, os custos realistas e fagan unaha valoración apropiada das candidaturas
  • O ente celebra este verán o seu décimo quinto aniversario con obxectivo de seguir facendo visible o sector do deseño e promovendo a colaboración entre profesionais e empresas en Galicia, a nivel nacional e incluso fora das nosas fronteiras

Unha década e un lustro xa pasaron dende a creación da DAG, alá polo 2006. A Asociación Galega de Deseño cumpre 15 anos centrando os seus esforzos na defensa da profesión, sobre todo, no que afecta a contratación do deseño, traballando especialmente para evitar os concursos públicos mal definidos e que desprestixian a profesión.

A fórmula da «chamada a proxecto» que defenden, ten en conta os procesos de traballo, os custos realistas e a valoración apropiada das candidaturas. Un modelo que parece que escomeza a ser considerado polas administracións públicas e outras entidades que contratan deseño. Colaborar na definición dunha «chamada a proxecto» é para a DAG unha forma de defender a profesión e promover mellores prácticas.  

Seguir medrando

A DAG busca crecer en todos os sentidos: no número de soci@s, na relación co resto de axentes e empresas do sector, na repercusión das actividades que desenvolven, no compromiso de defender a profesión, na creación de redes… A Asociación Galega de deseño sempre foi unha asociación activa, con necesidade de interactuar coas persoas, por iso non paran de organizar encontros, actividades e eventos que poidan ser de interese.

Desde aquela primeira acción «Da idea á rúa» en 2007 ata hoxe, coa organización do FEED 2021, moitos foron os proxectos e actividades que se desenvolveron. Falamos, por exemplo, da exposición «Entorno da Baskerville», o «FEET», «Acción DAG», «A volta das letras», o «MicAtlántica», o «I Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos», o «Express», o «Estudo da economía do deseño en Galicia». De cara a este ano, a nova edición do FEED, un referente para estudantes de deseño, profesionais e empresas ligadas ao sector, xa ten data: o 14 de outubro en Santiago de Compostela.

Lembrando as orixes

Desde o 2006, a DAG tivo 5 presidencias, equipos internos de xestión e organización, integrados polas propias asociadas e a xerencia, encabezados ao longo dos anos por Uqui Permui, Marcos Dopico, Suso Vázquez, Óscar Otero ou a actual presidenta Irene García.

O ente galego é membro da Rede Española de Asociacións de Deseño (READ), actualmente presidida pola DAG na persoa de Uqui Permui. Un compromiso de mellora que chegue dende Galicia a outros territorios nacionais e incluso a nivel internacional.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos