nicolás-camino

Adeus Nicolás Camino, primeira voz da Radio Galega

  • Nicolás Camino foi a primeira voz de Radio Galega en 1985, tamén o primero xefe de programas e diseñou a emisora no equipo fundacional xunto ao director, Xosé Luis Blanco
  • Unha voz inconfundible e referente radiofónica que se gañou o cariño da audiencia galega con programas coma “Concerto Popular ou “Así canta Galicia”

A voz de Nicolás Camino, o primeiro locutor da Radio Galega na súa fundación no ano 1985, apagouse definitivamente esta fin de semana aos 79 anos. Desta forma deixanos un referente radiofónico en Galicia. O primeiro que empregou un micrófono da emisora pública e gañou o agarimo da audiencia e o seu respecto con programas como «Concerto Popular» e «Así canta Galicia».

Bos días, Galicia. Coa interpretación do noso Himno acaba de empezar as probas técnicas da Radio Televisión de Galicia, a nosa radio», foron as primeiras palabras que se escoitaron o 29 de marzo de 1985 nunha emisión que se realizou dende un piso na rúa Xeneral Pardiñas, en Santiago de Compostela.

Nicolás Camino foi tamén o primeriro xefe de programas da Radio Galega e encargouse de deseñar a emisora no equipo fundacional xunto ao director, Xosé Luis Blanco. Hai agora 12 anos, en 2009, deixou os micrófonos da Radio Galega e xubilouse.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos