- Merco Líderes destaca a presidenta executiva de Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez, que se posiciona como a primeira muller galega en recibir tal recoñecemento
- Amancio Ortega de Inditex e Ignacio Rivera de Hijos de Rivera, tamén entran na listaxe que se elabora a partir de máis de 47.000 enquisas
Por primera vez, unha muller galega entra a formar parte de esta listaxe que a posiciona como a executiva de Galicia con mellor reputación. Trátase de Adriana Domínguez, presidente executiva de Adolfo Domínguez dende o 2017 e a responsable de toda a renovación que está levando a cabo nos últimos tempos a firma textil ourensana. Unha transformación centrada na sostibilidade, innovación dixital e a rendibilidade.
Así o acredita Meco Líderes 2021, o monitor empresarial de reputación corporativa. Unha listaxe que da entrada, por primera vez nos seus vinte años de historia, a unha empresaria galega muller. Unha clasificación elaborada a partir de máis de 47.000 enquisas a empresarios, analistas financeiros, xornalistas, estudosos da comunicación corporativa, líderes de opinión e consumidores. Na lista inclúense outros executivos galegos como son Amancio Ortega do Grupo Inditex, ou Ignacio Rivera da Corporación Hijos de Rivera.
Só 27 dos 100 líderes destacados son mulleres
Un recoñecemento a labor que leva facendo Adriana Domínguez dende hai catro años, primeiro como directora xeral e despois como conselleira delegada. Dende a súa chegada a firma de moda de autor aumentou as súas vendas comparables un 30% e a súa facturación online un 158%. A nova xestión permitiu á compañía encadear dous exercicios consecutivos con resultado operativo positivo, ata marzo de 2020.
Adriana Domínguez implantou novos métodos de xestión, reunificando todas as marcas baixo a insignia Adolfo Domínguez, refrescou o posicionamento da marca tras 40 anos no mercado e renovou completamente o comité de dirección. A marca conta cun 51% das súas tendas situadas fóra de España.
Adolfo Domínguez a firma máis feminina da Bolsa
Dende o seu nomeamento en maio de 2020 como presidenta executiva, Adriana Domínguez incorporouse ao grupo de 8 presidentas do mercado bursátil español, un 4% do total de primeiros executivos, segundo os datos do Informe Mulleres nos Consellos das Empresas Cotizadas elaborado por Atrevia e IESE.
As mulleres representan un 57% do consello de administración de Adolfo Domínguez e un 64% do seu comité de dirección, converténdoa na compañía da Bolsa española (127 empresas cotizadas incluídas no estudo) con maior presenza feminina nos seus órganos de goberno, segundo o informe. O grupo de moda conta cunha fenda salarial a favor das mulleres do 1,7%.
Adolfo Domínguez, con sede central en Ourense e 343 puntos de venda en todo o mundo, conta con 1.031 profesionais, un 80% deles mulleres.