A creación de cancións mediante intelixencia artificial (AI) centrará a xornada sobre música «Música creada con intelixencia artificial» que acollerá este sabado Afundación de A Coruña. O encargado de impartila será o equipo galego PAMP! de Cecubo Group, creador da premiada composición AI-Lalelo no AI Song Contest, a Eurovisión das cancións creadas a partir de AI. A axencia compostelana formará de forma gratuita aos participantes nun evento que contará cun seminario, unha masterclass, un obradoiro de traballo e ata un concerto. Hai máquinas intelixentes capaces de compoñer música tradicional galega? Como se usarían? Serán creadas por robots as cancións do futuro? Estas son algunhas das preguntas ás que «Música creada con intelixencia artificial» lle dará resposta na Afundación.
A xornada de traballo é unha das últimas actividades da programación vinculada á exposición «AI: More than Human» de Afundación A coruña. A mostra, que desde setembro visitaron miles de persoas para coñecer de forma inmersiva, que é a intelixencia artificial. Será clausurada na Coruña o próximo 5 de febreiro. Despois, continuará o seu percorrido internacional cunha primeira parada en Barcelona. Posteriormente será exposta en Estados Unidos.