- ABC-Deseño é o Dicionario do Deseño e da Innovación en Galicia creado pola Xunta de Galicia a través de GAIN (Axencia Galega de Innovación), que conta coa colaboración da Fundación DIDAC
- Trátase dun compendio de casos de éxito galegos que irase actualizando progresivamente; de momento, conta con 140 referencias de profesionais, estudos, proxectos, iniciativas empresariais e entidades ligadas ao deseño e a innovación
O dicionario ABC-Deseño supón unha oportunidade única para Galicia. Especialmente, para comprender por qué Galicia ten todo a favor para ser un referente no campo do deseño para a innovación.
Unha publicación dixital impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e que conta coa colaboración da Fundación DIDAC.
Trátase dun compendio de casos de éxito que nace con 140 referencias compostas por profesionais, estudos, proxectos, iniciativas empresariais e entidades ligadas ao deseño. Todos eles participaron nas diferentes accións desenroladas pola administración galega dentro do programa Diseño para la Innovación Diferencia 2024 iniciado en 2018.
ABC-Deseño ten a vocación de ir incorporando progresivamente novas entradas mediante un proceso de actualización continua dos arquivos. Non nos esquezamos que a nosa comunidade é un auténtico referente no campo do deseño para a innovación. Conta co talento de moitos profesionais, da experiencia de empresas que incorporan o deseño e os recursos e materiais naturais y sostibles.