premios-publicidade-en-galego

Aínda non te inscribiches nos Premios de Publicidade en Galego?

  • Mañá venres 11 de febreiro pechan as inscripción aos Premios de Publicidade en Galego, organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e que recoñecen as campañas publicitarias executadas íntegramente en lingua galega
  • As entidades que o desexen deberán presentar unha acción promocional, difundida ou transmitida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020, os galardóns serán entregados no 1º semestre deste ano nun acto celebrado no Parlamento de Galicia

Tanto se eres anunciante, coma axencia, estudio de deseño, produtora, centro educativo público, privado ou concertado e estás especializado nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade, non perdas a oportunidade de presentarte aos XXVIII Premios de Publicidade en Galego. Eso sí, terás que estar respaldad@ por unha acción publicitaria difundida ou transmitida íntegramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2020. Pero date presa porque o prazo para a presentación de candidaturas remata este venres 11 de febreiro.

Unhas distincións organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Teñen como fin recoñecer as campañas publicitarias execuadas en lingua galega. A data de entrega dos premios aínda non está confirmada, pero a Xunta de Galicia señala que será ao longo do primeiro trimestre do 2022.

Cinco categorías e Premios

Os Premios de Publicidade en Galego, que no 2022 celebran nada menos que 28 edicións, establecen cinco categorías segundo o medio de difusión. Radio, Televisión, Internet, Prensa Escrita e un Extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

Para cada categoría (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio sin remuneración económica. De xeito que os traballos que resulten galardoados recibirán cadanseu galardón, é decir, será agasallada tanto a empresa anunciante como a axencia.

Presentación de candidaturas

Os traballos que se presenten a estes premios deberán estar en formato JPG ou PDF no caso das imaxes. En mp3 os audios e en mp4 con resolución para web (máximo 2GB) o vídeos. As inscripcións son de balde e as entidades que queiran participar deberán remitir os traballos vía WeTransfer ao correo alexregueiro@coralia.gal

 A continuación deixámosvos as BASES e tamén o FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos