- O que ata o de agora fora vicepresidente da entidade, asume a presidencia tras a dimisión de Xosé Luis Reza
- O xa ex presidente do Clúster de Comunicación de Galicia, continuará ligado o sector liderando un novo proxecto agrupacional empresarial
Tras case oito anos ocupando a presidencia do Clúster de Comunicación de Galicia, Xosé Luis Reza dimite do seu cargo en favor do vicepresidente da entidade. Dende hoxe Alberto Garnil é o novo presidente do organismo, un profesional que asume a responsabilidade con moita ilusión e tendo moi presente o traballo e os logros acadados polo seu antecesor e equipo directivo.
Asumir a presidencia do Clúster supón a responsabilidade de manter ao sector unido e en cohesión.. Coller a testemuña dun proxecto cando se fixeron as cousas de forma extraordinaria sempre é un reto maior. Non só porque tes o listón moi alto, se non porque o camiño está moi definido. Por iso, a miña filosofía será coller todo o bo que se fixo e tentar potencialo na medida do posible. Adaptándonos ao que demanda o sector e tentando dar cabida a todos os que compoñen este Clúster.
A nivel persoal é unha satisfacción moi grande o feito de que os meus compañeiros pensen que eu poida dirixir este proxecto. En calquera caso, estarei acompañado de grandes profesionais e iso será unha motivación maior. Será unha etapa moi enriquecedora e estimulante.
Alberto Garnil, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia
Xosé Luis Reza ao frente dun novo proyecto
O pasado ano Xosé Luis Reza tamén deixaba a presidencia de Markea, a Asociación Galega de Marketing, actualmente presidida polo CMO de Estrella Galicia, Jose Cabanas. A dimisión agora como presidente do Clúster chega motivada, según declaracións a este medio, “pola necesidade de deixar paso a outros que van traer novas ideas, novas ferramentas, novos folgos… Eu creo que nas organizacións teñen que darse pasos e pechar etapas.”
Outro dos motivos de esta renuncia está ligado a creación dun novo ente de agrupación empresarial: “eu non me vou, este é o meu mundo, é o meu sector. Un sector estratéxico para Galicia e para xerar riqueza ao seu redor.”
O xa ex presidente do Clúster da Comunicación de Galicia fai un gran balance do seu paso pola entidade e o da súa directiva. “Collemos un Clúster horizontal nun sector moi tocado pola crise, e fomos capaces de verticalizar e crear un modelo único no mundo. Non hai outra organización que incorpore toda a cadea de valor da comunicación e o marketing”, sinala.
E continúa, “estou moi agradecido por estes anos, polo apoio incondicional da miña xunta directiva, do incansable esforzo dos dous xerentes que tiven a sorte de dirixir, do compromiso e xenerosidade dos patrocinadores e colaboradores do Clúster que fixeron posible esta milagre. Por suposto, quedo á disposición do meu sucesor, Alberto Garnil, para asumir o papel que estime oportuno para mín, no que lle poida ser útil. Pero desde un segundo plano”.