Alberto Garnil Clúster Comunicación

Alberto Garnil: “O Clúster representa o 47,9% da facturación global do sector en Galicia”

  • O presidente do Clúster da Comunicación de Galicia fai balance da actividade do ente en 2022 que, según él, representa preto do 48% da facturación global dun sector que xera 5.743 empregos directos e uns de 800M€ en facturación
  • De cara a 2023 a asociación está a traballar nun Plan Estratéxico do Sector, en novas alianzas, na ampliación das relación comerciais con outros países e nun novo formato para os Premios Paraugas

En xuño de 2022 Alberto Garnil tomaba as rendas do Clúster da Comunicación de Galicia tras a salida voluntaria de Xosé Luis Reza. Despois de oito meses no cargo, o actual presidente da asociación di mostrarse satisfeito co traballo realizado neste tempo. “O ano se pechou coa meirande participación de asociados nos diferentes eventos organizados, dende os afterworks ata os Premios Paraugas”, sinala o presidente.

Garnil resalta, tamén, a importancia adquirida nos últimos tempos pola entidade. Asegura que “con 73 asociadas a día de hoxe, o Clúster representa o 47,9% da facturación global dun sector que xera directamente 5.743 empregos e que alcanza unha facturación de preto de 800 millóns de euros”.

Os obxectivos de 2023

Para este 2023 o ente aposta por continuar aunando actores da economía creativa que, según apunta, representa un “destacable tanto por cento do PIB de Galicia”. Segundo o presidente, o obxectivo principal de este ano será “darlle moita máis visibilidade ao traballo do sector galego do marketing e a publicidade para que se coñeza a súa musculatura e se poña en valor a súa altísima calidade”, aseguran.

Anuncia, ademais, que o Clúster está a traballar a nun Plan Estratéxico do Sector. Unha ferramenta que lle servirá a entidade como guía nos próximos anos e que abrirá un novo marco de relación cos socios institucionais. Do mesmo xeito, afirman que buscarán novas alianzas e ampliarán as relación comerciais con outros países.

Os eventos e encontros entre axencias e empresas arredor do marketing e a publicidade, aseguran, serán cruciais e estratéxicos durante o 2023 para o ente. “Outros dos propósitos son xerar máis contidos de calidade como un novo evento do sector da comunicación e outro de impresión. Ademais celebraremos o 5º Congreso Flúor e organizaremos novos pop ups por distintas ciudades galegas”, sinala. Alberto Garnil tamén confirma que están a estudar un novo formato para a gala de celebración dos Premios Paraugas.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos