- As conservas artesanais da Costa da Morte, preséntase xunto a tres pezas de cerámica artesanal elaboradas pola nova xeración de oleiros da parroquia de Malpica de Bergantiños
- Ar de Arte aposta así pola pesca e o talento artesanal e local con tres pezas cerámicas feitas por tres obradoiros de Buño: Obradoiro Gorín, Taller Feituras e Alfarería Lista
O proxecto emprendedor conserveiro “Ar de Arte” crea este Nadal unha simbiose única marcada polo talento xoven e a artesanía local. A da pesca coa que se fai as súas conservas enlatadas a mán, e a da artesanía da olería de Buño. Malpica de Bergantiños e a nova xeración de Oleiros, crean para empresa galega tres pezas de cerámica con barro nas que presentan os seus novos packs de conservas.
A Costa da Morte acumula séculos de tradición ceramista, cun importante recoñecemento a nivel nacional. Por iso Ar de Arte propuxo a tres obradoiros de cerámica de Buño crear tres pezas únicas para acompañar as súas conservas de mexillóns en escabeche, xoubiñas en aceite de oliva e zamburiñas en salsa de vieira.
Nós aportamos as conservas elaboradas na Costa da Morte, mentres que os obradoiros crean as pezas de cerámica nas que servir o produto do mar. Pechamos así o círculo de apostar pola pesca e o talento artesanais e locais”.
Ar de Arte.
Tres pezas únicas para conservas únicas
Ar de Arte é un proxecto emprendedor galego que xunta sempre as súas conservas cunha peza artística. Así, a empresa galega presenta as súas conservas en caixas deseñadas por artistas como Fernando Rei ou Lucía Romaní. No seu último proxecto acompañía decidiu contar coa colaboración de tres obradoiros de Buño. Gorín, é un proxecto de emprendemento que naceu na comarca á vez que Ar de Arte. Crean para a marca de conservas un prato e unha cunca nas que colocar as conservas.
Doutra banda, o Taller Feituras deseñou a figura dunha balea na que presentar as conservas dunha forma inédita. A Alfarería Lista, na que a olería é unha tradición familiar, creou un prato e catro repousacubertos.