Amicos Premios

Asociación Amicos convoca os I Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable

A asociación Amicos acaba de lanzar a primeira edición dos “Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable”. O obxectivo é recoñecer e dar visibilidade ás administracións públicas e empresas que impulsan o desenvolvemento da compra ou contratación público-privada socialmente responsable. 

Amicos busca con este premios, identificar as administracións e empresas galegas con maior impacto na mellora das condicións de integración social e laboral das persoas máis vulnerables. Ademais, con esta iniciativa quere favorecer a contratación responsable para impulsar a redución das desigualdades sociais, a inclusión e a creación de emprego en Galicia. 

Desde Amicos sabemos que a acción máis pequena é mellor que a intención máis grande. Por iso lanzamos este proxecto pioneiro en Galicia que xorde da necesidade de impulsar ás empresas que facilitan a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Desde a oficina de contratación responsable poñemos o foco en crear e manter o emprego das persoas con discapacidade impulsando a contratación responsable tanto no ámbito público como privado”. 

Xoán España, director Amicos.
Categorías “Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable” 

Estes galardóns contan coas seguintes categorías:  

  • Administracións Públicas: autonómica, provincial, concellos de máis de 20.000 habitantes e concellos de menos de 20.000 habitantes 
  • Empresas: pequenas, medianas e grandes empresas 

Ademais, Amicos concederá un “premio honorífico” dirixido a aquela persoa, empresa ou administración pública que destaque pola súa iniciativa emprendedora e a súa traxectoria profesional no campo da Responsabilidade Social.  

As candidaturas poden presentarse a través da web do proxecto Oficina de Contratación Responsable na seguinte ligazón ata o día 9 de xuño.  Para calquera dúbida pódese consultar na seguinte dirección: info@oficinacontratacionresponsable.com

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
luisa villalta letras galegas
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos