Atlânticas é a comunidade que promove o emprendemento e o talento atlántico dende 2018 en Galicia (antes Mulleres Atlânticas). Ata o momento o organismo, enfocou o seu traballo na visibilización do talento feminino e a creación de redes entre emprendedoras. Agora o centro do seu traballo xirará en torno á sostenibilidade dos negocios galegos.
Case 4 anos despois da súa orixe, o ente volve renovado para converterse nun nexo de unión para as marcas atlánticas. Marcas resilientes, sostenibles e promotoras do espírito Atlántico. Sen perder, claro está, os obxectivos principais de empoderar e visibilizar ás mulleres emprendedoras do noroeste la península e poñer en valor o talento feminino atlántico.