auga-seca-premios

‘Auga Seca’ e ‘A illa das mentiras’, mellor serie e película dos Celtic Media

  • O Galician Noir está de moda e as ficción galegas ‘Auga Seca’ e ‘A illa das mentiras’ colleitan dous novos premios no Celtic Media Festival
  • A primeira impúxose na categoría de mellor serie e a segunda como mellor película nuns galardóns que promoven a cultura e as linguas dos países celtas no audiovisual

Alá polo mes de marzo o diario británico The Guardian poñíalle nome ao “boom” cinematográfico de Galicia como escena e escenario: Galician Noir. Un xénero que puxo o foco no “curruncho chuvioso de España”, como o definían eles. Chámense coma se chamen, as ficcións galegas están de moda e non paran de colleitar premios. ¿Os últimos? Os obtidos por “Auga Seca” e “A illa das mentiras” no Celtic Media Festival.

Mellor serie e Mellor película

‘A illa das mentiras’ impúxose na súa categoría ás películas presentadas pola BBC e a canle France TV, e a ‘Ordinary Love’, actualmente nos cines de Reino Unido e Irlanda e protagonizada polo coñecido intérprete Liam Neeson. A longametraxe, dirixida por Paula Cons e producida por Agallas Films, está inspirada en feitos reais, no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas da illa de Sálvora no 1921.

Pola súa parte, a serie ‘Auga Seca ’gañou fronte a producións da canle de Gales S4C e da BBC Escocia. Un thriller policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, foi a primeira serie en lingua galega en incorporarse ao catálogo de HBO. Esta ficción foi realizada para a TVG e a RTP polas produtoras Portocabo e a portuguesa SP-i.

O Celtic Media Festival promove a cultura e as linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación e ten lugar desde hai 42 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos