- A marca de conservas Cabo de Peñas e a adega Viña Costeira contán desde este verán do selo de garantía de produtos galegos
- Galicia Calidade conta na actualidade cun total de 148 empresas asociadas con máis de 750 produtos e servizos certificados
O selo de garantía Galicia Calidade sigue sumando novos produtos e servicios despois da incorporación de Cabo de Peñas e Viña Costeira. A marca de conservas de Connorsa e a adega do Ribeiro sumánse o selecto clube de compañías que contan con este certificado.
Un aumento da familia Galicia Calidade, que na actualidade conta con 148 empresas asociadas. Todas elas suman máis de 750 produtos e servizos certificados, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.
Cabo de Peñas
Estamos ante unha marca senlleira con máis de 120 anos de traxectoria. Mistura a tradición da industria conserveira galega cos avances tecnolóxicos máis innovadores do sector. Pertence ao grupo Connorsa que está asentado na localidade pontevedresa de Vilaboa.
A Xunta de Galicia e Galicia Calidade, destacan o compromiso de Cabo de Peñas co tecido industrial da comarca e o emprego; tamén coa sustentabilidade e coa trazabilidade dos produtos do mar, apostando pola calidade da materia prima.
A día de hoxe no sector das conservas, son cinco as compañías avaladas polo selo de garantía Galicia Calidade: Jealsa, Escurís Batalla, Cortizo e a propia Cabo de Peñas; ademais da Rosaleira, centrada nas conservas vexetais.
Viña Costeira
Viña Costeira é unha adega de Ribadavia asentada tamén na tradición e innovación, que lle ten permitido converterse nunha marca de referencia.
O selo, ao igual que Cabo de Peñas, contará cunha validez para os próximos tres anos. Permitirá á empresa incluír o distintivo de Galicia Calidade nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción. Na actualidade Galicia Calidade conta cun total de 19 adegas certificadas.