- PuntoGal e a Global Cyber Alliance poñen en marcha, de balde e en galego, unha caixa de ferramentas para a protección de datos no ecosistema dixital
- Unha versión adaptada do “Toolkit” da GCA no que se compilan utilidades para garantir a seguridad das comunicacións e do almacenamento de datos
Garantir a protección de datos e a seguridade das comunicacións, ese é o principal obxectivo da caixa de ferramentas de ciberseguridade creada por PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA). Trátase dunha versión en galego do ‘ToolKit’ que no seu día publicou a GCA, totalmente gratuita.
Compila utilidades que garanten a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos, tanto nas actividades profesionais coma no tempo de lecer, nas comunicacións privadas dos xornalistas. Esta é a segunda caixa de ferramentas que se presenta na súa versión en galego, despois dunha específica para PeMEs que se publicou o pasado outono.
Un dominio seguro
Nos últimos tempos son moitos os xornalistas teletraballan, de ahí a importancia de axudarlles a manter os seus equipos seguros. A caixa de ferramentas de PuntoGal cobre unha eiva que moitos xornalistas senten no coidado dos seus instrumentos de traballo, que cada día están máis complexos e expostos.
Como complemento á posta en marcha do portal da caixa de ferramentas, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, celebraránse obradoiros de traballo para presentala en profundidade. Tamén para identificar cuestións de ciberseguridade relevantes para os profesionais do xornalismo. Por exemplo, a importancia de usar ferramentas online, comprensión de conceptos de ciberseguridade básicos, principais ciberamenazas para os xornalistas, recomendacións e boas prácticas, así como o uso de ferramentas e recursos de ciberseguridade.