Redes de Telecomunicación Galegas (RETEGAL) abre un procedemento para a contratación dun servizo de execución, implementación e elaboración da estratexia creativa dun plan de medios de ámbito galego, coa intención de comunicar os beneficios reais que lle aporta ao conxunto da poboación galega a xestión e explotación de infraestruturas e dos sistemas e servizos que se prestan ou poden prestar a través das mesmas, por parte de RETEGAL.
Con obxecto de facilitar a concorrencia, a licitación comprenderá dous (2) lotes independentes:
Lote 1: Plan de medios
O alcance da licitación comprenderá:
– O desenvolvemento dunha estratexia, investigación e planificación de medios publicitarios para o cumprimento do obxecto do presente contrato.
– A adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes que se determinen.
– A execución, xustificación e avaliación da campaña de medios durante a vixencia do contrato.
Valor estimado total do lote 1: 180.000 euros IVE excluido.
Lote 2: Creatividades
O adxudicatario deberá entregar a RETEGAL as pezas creativas finais en formatos de calidade de emisión/impresión/difusión de, polo menos:
– Cinco cuñas para radio en formato 20 segundos sobre aqueles aspectos que lle sexan requiridos por RETEGAL.
– Quince deseños diferentes para banners gráficos naqueles formatos ofertados polo licitador sobre aqueles aspectos que lle sexan requiridos por RETEGAL.
– Exterior: unha aplicación en vertical (mupi) e outra en horizontal (valo) dalgunha das mensaxes gráficas utilizadas na campaña.
Valor estimado total do lote 2: 25.000 euros IVE excluido.
Para máis información e pregos pincha aquí.