- A granxa ecolóxica coruñesa gaña o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2022 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa e que está dotado con 10.000€
- Casa Grande de Xanceda foi seleccionada entre 17 candidatos pola súa produción ecolóxica, polo fomento do turismo sostible e pola súa estratexia comunicativa en redes sociais
As súas vaquiñas, os seus cans pastores, todos os seus empleados e ata a cadeliña Malibú, están que non caben en sí de gozo. A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda acaba de resultar gañadora do Premio Aresa 2022 como mellor proxecto de desenvolvemento rural feito en Galicia entre os 17 aspirantes que se presentaron como candidatos ao galardón.
Trátase dunha distinción convocada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa que busca recoñecer o traballo das compañías e proxectos que contribúen coa riqueza e co benestar da xente que vive e traballa no rural galego.
A estratexia comunicativa, clave para mostrar a realidade do rural
Casa Grande de Xanceda foi seleccionada entre 17 candidatos pola súa produción ecolóxica e o seu fomento do turismo sostible; pero tamén pola súa estratexia comunicativa. Especialmente co traballo que está a facer dende os seus canais de comunicación dixitais, especialmente en redes sociais.
E que por moi ben que se fagan as cousas, aquelo que non se comunica non existe e non cala entre a sociedade. De ahí que a granxa sexa recoñecida como mellor proxecto galego de desenvolvemento rural no 2023.
Así o fixo saber o xurado da vixésima terceira edición de este premio que está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito. Un tribunal que este ano estivo integrado por Antonio López, reitor da USC; Carlota López, adxunta á Presidencia de Aresa; Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus de Lugo; Marius Rubiralta, presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra; e Carmen Lence, CEO de Leite Río.
Un xurado que tamén recoñeceu a Casa Grande de Xanceda coma unha compañía inspiradora para as mulleres e os mozos que queiran apostar polo rural galego. O premio será entregado o vindeiro 10 de marzo no auditorio da facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais de Casa Grande de Xanceda, presentáronse este ano ao Premio Aresa: Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo; Savelo; CampoLab; Agrupación Apícola de Galicia Belacolmea; La Abuela Delfina; Airas Moniz; Lugar da Veiga; Son de Lugo; Muiñeiras de Requiande; Traloagro; Comunidade de montes veciñais en man común de Couso; Slow Food Compostela; Galinsect; Dos Dog; Tres Fuciños; e Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa.