A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, busca a un/a Técnic@ de Marketing e Product Manager en dependencia do responsable de marketing e RSC.
Funcións como Product Manager:
- Xestión integral de todo o surtido de produtos de Casa Grande de Xanceda.
- Investigación de mercados e estudo da competencia.
- Desenvolvemento de novos produtos en colaboración co departamento de producción e o de I+D, para a mellora continua do surtido.
- Coordinar o deseño e contido de artes finais de produto entre axencia, produción e dirección.
- Informes internos de venda e rotación.
- Fixación de prezos e promocións de venda.
- Deseño e xestión de materiais de venda.
- Presentacións en PPT de novos lanzamentos e promocións.
- Preparación de feiras e concursos.
- Accións de trade marketing e apoio ao departamento comercial.
Funcións como Técnic@ de Marketing:
- Crear, coordinar e executar campañas de marketing e/ou responsabilidade social corporativa.
- Coordinar e realizar elementos de comunicación con estilo fiel á imaxe e look and feel da marca.
- Crear contidos (foto/vídeo/texto/grafismo) para redes sociais e/ou comunicación interna, páxina web, etc.
- Creación de campañas de marketing dixital da empresa.
Requisitos:
- Estudios relacionados con Marketing, Publicidade ou Empresariais.
- Nivel alto de EXCEL.
- Valorable dominio de programas de edición de vídeo e foto e formación relacionada con marketing dixital.
- Polo menos 1 ano de experiencia nun posto similar, relacionado coa xestión e lanzamento de produtos de gran consumo.
- Valorarase positivamente experiencia como voluntari@ en asociacións e relación previa con temas relacionados con animais, medio ambiente ou o rural galego.
- Castelán e Galego nivel nativo. Varorable, bo nivel de inglés.
Se eres unha persoa e un profesional cunha sensibilidade especial polos animais e o medio ambiente, envía a Casa Grande de Xanceda o teu CV xunto cunha carta de presentación na que contes coas túas propias palabras: Quen es? Que fas no teu tempo libre? Tes mascotas? Es de campo ou de praia? Por que che gustaría traballar en Xanceda? Que lles poderías aportar? E eles a ti? Se foses o seu Product Manager, que produto lanzarías e por que?
Correo para o proceso de selección: info@casagrandexanceda.com
Aceptaranse candidaturas ata o 30 de marzo de 2022.