Galicia celebra o 25 de xullo cunha produción de Bap&Conde

  • O corazón dos «galegos de corazón» é a imaxe central da campaña do 25 de xullo
  • O Día de Galicia é a festa oficial da comunidade desde 1979 e coincide co festividade do Apóstolo Santiago

«Galicia latexa con forza dentro de nós», asegura o vídeo oficial da Xunta de Galicia, creado pola  axencia BAP&Conde. A produción vai amosando, a modo de latexos, as imaxes da Galicia máis emotiva e recoñecible. «Imos festexar todo o que nos une», dise antes da aparición da representación anatómica do corazón. O corazón dos «galegos de corazón».

A orixe do Día de Galicia, tamén coñecido como Día da Patria Galega, remóntanse a 1919, ano en que se reúne en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acorda celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte. Dende entón, neste día celébrase tamén o acto institucional da Ofrenda ao Apóstolo.
Trátase dun día moi especial na capital de Galicia, en Santiago de Compostela, onde do 15 ao 31 de xullo se organizan concertos, exposicións e diversas actividades. Un dos actos centrais é o espectáculo de fogos artificiais en honra ao Apóstolo na noite do 24 de xullo na Praza do Obradoiro. Ademais, nos últimos anos, ao espectáculo únense proxeccións multimedia sobre o Pazo de Raxoi con máis de 20.000 asistentes ao evento.
 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.