- Dende mañá 24 de xuño ata o vindeiro 17 de xullo, a cidade da Coruña acolle a Galicia Design Week organizada pola asociación Galicia Design e a axencia Follow; conta coa colaboración da DAG, o COAG, o Clúster da Comunicación de Galicia e a Fundación DIDAC
- A cidade herculina será a anfitriona de sete días de conferencias, presentacións, obradoiros, roteiros, gastronomía, visuais, música e exposicións que teñen coma obxectivo mostrar o mellor do deseño feito en Galicia sen esquecer aos grandes referentes nacionais
Coa entrada do verán o que chega tamén a Galicia son os grandes festivais. Ainda que tamén contará con música, o Galicia Design Week, céntrase na promoción do deseño que se fai en Galicia. Unha oportunidade única de disfrutar de conferencias, presentacións, obradoiros, roteiros, gastronomía, visuais e música, e exposicións. Todo elo en Palexco e na Praza de Lugo da cidade da Coruña, dende maná venres e ata o vindeiro 17 de xullo.
O festival está organizado pola asociación Galicia Design e a axencia Follow. Conta coa colaboración da Asociación Galega de Deseño (DAG); o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG); o Clúster da Comunicación de Galicia; e a Fundación DIDAC como socias. As institucións patrocinadoras son o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, do Xacobeo 21·22 e da colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Tamén colaboran co festival Studio Follow, Artesanía de Galicia, Cervezas Alhambra, News & Coffee, Miraveo e Verde.
Sete días e catro eixos diferenciados
Oobxectivo desta inicitativa, completamente gratuita, é mostrar o mellor do deseño galego, sen esquecer tamén aos grandes referentes nacionais do sector. O Galicia Design Week contará con catro eixos ben diferenciados: Pro, con catro días de conferencias e presentación; Showcase, que inclúe tres exposicións dedicadas ao deseño; Showroom, un escaparate dixital de creacións galegas e un roteiro por estudios e espazos de deseño da Coruña; e Camp, con catro obradoiros e revisión de portafolio.
A continuación, deixámosvos o programa ao completo:
GDW22-PRO (Conferencias e presentacións)
Conferencias e presentacións con profesionais de referencia do deseño en Galicia e a nivel nacional, ademais dun encontró organizado pola Asociación Galega de Deseño (DAG). Todas elas poderánse seguir tanto de forma presencial como online.
Datas: 24, 25 e 26 de xuño.
Onde: espazo creativo Studio Follow da Coruña.
Inscricións e máis información: A ENTRADA é GRATUITA e será necesario inscribirse previamente. Reserva aquí a túa ENTRADA PRO GDW e consulta o PROGRAMA ao completo.
V ENCONTRO DE DESEÑO para a INNOVACIÓN EMPRESARIAL
Dentro da programación da GDW-PRO inclúese o V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, organizado pola Axencia Galega de Innovación. Será o mércores 29 de xuño no CIS Tecnología e Deseño de Ferrol e haberá autobuses desde A Coruña. Máis INFORMACIÓN e INSCRIPCIÓNS
GDW22-SHOWCASE
No Showcase haberá tres exposicións dedicadas ao deseño abertas desde o 24 de xuño ata o 17 de xullo. “O mellor deseño do ano #omellordeseñodoano”, cos traballos e traxectorias galegas premiadas en diferentes certames de prestixio internacional expostas en Palexco.
“O futuro deseño galego #futurodeseñogalego”, tamén en Palexco, e que acolle unha mostra dos mellores traballos das escolas públicas de deseño galegas. Na Praza de Lugo poderase disfrutar do “Novo deseño galego #novodeseñogalego”, unha mostra do mellor talento emerxente da comunidade sobre unha instalación deseñada polo estudio coruñés Flu-or.
As tres exposicións serán obxecto dunha visita guiada o xoves 30 de xuño de 18:00 a 20:00, finalizando en Palexco coa presentación do libro “Vivir del Diseño” de Ana Gea, directora da prestixiosa revista Gràffica.