Comeza a IV SEMUÁ-Semana das Músicas do Audiovisual

  • Concertos didácticos, en familia, unha clase maxistral e un concerto sinfónico conforman a programación completa desta cuarta edición
  • Adicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid, compositor de bandas sonoras para máis de 60 películas e 30 series de televisión

Hoxe dá comezo a cuarta edición da SEMUÁ-Semana das Músicas do Audiovisual, organizada pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña; que celebrarase hata o 1 de novembro na Coruña, baixo a dirección artística do compositor Nani García e co obxectivo de revalidar o éxito de público das tres edicións anteriores.

A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ, pon o foco no traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais a través dun PROGRAMA suxestivo que abarque ao público de todas as idades.

AS NOSAS MÚSICAS, PROGRAMA DIRIXIDO POR FEDERICO JUSID

Na súa cuarta edición, a SEMUÁ adicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid, compositor de bandas sonoras para máis de 60 películas e 30 series de televisión, entre as que destacan títulos como El secreto de sus ojos, Gran Reserva, Loving Pablo, Fariña, Bajo sospecha, ou a saga Isabel, Carlos Rey Emperador e La corona partida, pola que obtivo tres premios internacionais Film Music Critics.

Federico Jusid dirixirá á Orquestra Sinfónica de Galicia no Teatro Colón dentro do programa As nosas músicas; un programa no que serán interpretadas algunhas das súas partituras máis coñecidas xunto a pezas dos compositores galegos Manu Riveiro e Pablo Barreiro, entre as que destacan unha suite a partir da banda sonora do filme galego Sempre Xonxa no trixésimo aniversario da súa estrea, ou a banda sonora do filme Meñique y el espejo mágico (Ernesto Padrón, 2014).

CONCERTOS DIDÁCTICOS E EN FAMILIA

Este ano repiten, tras o éxito recollido na edición anterior, a proposta formativa da SEMUÁ coa actividade Concerto en Familia, na que a Banda Municipal de Música de A Coruña, dirixida por David Fiuza, interpretará bandas sonoras de filmes como Bienvenido Mr. Marshall (Luis García Berlanga, 1953) ou Capitán Trueno (Antonio Hernández, 2011), entre outras.

A esta sesión, sumáselle unha actividade máis: Concerto didáctico. Este concerto, que terá dous pases os días 28 e 29 de outubro, está dirixido aos centros educativos de Primaria e Secundaria co fin de achegar a música aos máis pequenos e pequenas. A interpretación das pezas correrá novamente a cargo da Banda de Música Municipal de A Coruña baixo a dirección de David Fiuza.

CLASE MAXISTRAL CON LUCIO GODOY

Por último, na Semana das Músicas do Audiovisual a formación e os encontros volven ser protagonistas, desta vez cun obradoiro impartido polo compositor e produtor musical hispanoarxentino Lucio Godoy.

Na súa dilatada traxectoria, Lucio compuxo máis de cincuenta bandas sonoras para longametraxes como Los Lunes al Sol, Los girasoles ciegos, ou El corredor nocturno e traballou na produción musical das bandas sonoras de filmes como Mar adentro, Los otros, Todo sobre mi madre, Los amantes del círculo polar e Mi vida sin mi, entre outras.

Nesta clase maxistral, o compositor explorará as distintas fases que se percorren dende o silencio musical ata a banda sonora definitiva, a través de exemplos prácticos con composicións do propio Godoy. Unclase na que, a través do percorrido de todo o seu proceso creativo, descubriranse as numerosas aportacións que as bandas sonoras atribúen ás obras audiovisuais.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos