- «Por ti, por min, por todas… Nin unha máis” ese o claim da nova entrega da campaña Compostela en Negro diseñada por Uqui Permui para o Concello de Santiago
- O memorial dixital pódese activar a través dos códigos QR impresos nos carteis e adhesivos que inundan xa a cidade Compostela co gallo do 25N
A diseñadora galega Uqui Permui, presidenta da Red Española de Asociaciones de Diseño (READ), volve colaborar un ano máis co Concello de Santiago polo 25N. Faino coa campaña polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, Compostela en Negro. Unha acción que xurde do proxecto «En Negro» creado no 2015. Unha acción social contra as violencias machistas que naceu precisamente na cidade compostelana e que este 2022 alíase coa realidade aumentada para que Compostela en Negro non esqueza…Os nomes das 38 mulleres e 26 nenos e nenas que foron asesinados pola violencia machista.
«Por ti, por min, por todas… Nin unha máis»
Baixo este claim chega esta nova entrega da campaña que como novidade bota man da realidade aumentada para crear un memorial dixital que chegará aos dispositivos móviles da cidadanía santiaguesa.
Poderá ser activado a través dos códigos QR impresos nos carteis e adhesivos da campaña que inundan xa a cidade Compostela e os seus locais e establecementos.
Ademais dos carteis a campaña está composta tamén vinilos e camisetas que o Concello de Santiago de Compostela poñerá a disposición da cidadanía. Poderán recollerse ata este venres 25 de novembro na Casa Xohana Torres.