A Axencia Turismo de Galicia convoca esta licitación que ten por obxecto a contratación do servizo de accións de comunicación dixital da campaña de promoción turística, mediante o desenvolvemento de accións de promoción dos principais recursos e servizos turísticos galegos nos medios dixitais entre os mercados emisores de viaxeiros máis importantes para a Comunidade galega.
O servizo que constitúe o obxecto do presente contrato comprenderá as seguintes prestacións:
- Xestión integral das accións promocionais en display, mecanismos de compra programática, segmentacións avanzadas, campañas de vídeo, anuncios en medios sociais e campañas SEM, así como o reimpacto dos usuarios afíns.
- Xestión integral da elaboración de contidos de marca, así como todos os custos que se deriven dela.
- Custo da adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes que se determinen. Neste apartado inclúense todos os gastos, taxas e impostos derivados da compra dos espazos publicitarios.
- Tradución dos anuncios aos idiomas correspondentes a aqueles países nos que se insiran, así como aqueles gastos derivados das adaptacións de pezas creativas (propias ou alleas).
- Custo da estratexia, investigación, planificación, execución, xustificación e avaliación das accións publicitarias durante a vixencia do contrato.
Orzamento base de licitación: 840.000 con IVE.
Data e hora: 21/05/2019 ás 14:00.
Máis información e pregos aquí.