-
A campaña conta cun presuposto de 700.000 euros para informar ao consumidor sobre onde depositar aparatos estragados, entre os máis de 1.000 puntos de reciclaxe e o millar de comercios e grandes superficies que colaboran
-
Desenvolverase tanto a través dos medios de comunicación, con presenza en televisión, prensa, radio, medios dixitais e publicidade exterior, como mediante diversas accións de street marketing e visitas ao redor de 350 colexios
“O que se enchufa reciclase” é o título da ambiciosa campaña posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, xunto cos scraps de RAEE -Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolec, Ecolum, Eco-Raee´s, Ecotic, y Erp-, destinada a concienciar sobre o tratamento que se debe dar aos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Cun presuposto de 700.000 euros, enmarcándose dentro do Plan de Xestión de Residuos urbanos de Galicia 2010-2022, levaranse a cabo diversas accións o longo de 9 meses que tratarán de dar a coñecer a forma de reciclar correctamente estes aparellos a todos os segmentos da poboación.
Para iso programáronse diversas campañas que percorrerán toda a comunidade galega. Basearase en diversas accións de rúa, pero terá tamén unha ampla difusión en medios de comunicación e unha serie de iniciativas destinadas ao público infantil que correrán a cargo dos populares personaxes Os Bolechas. As accións dirixidas á cidadanía en xeral, ademais de concienciar sobre a importancia da correcta xestión deste tipo de residuos, informarán sobre onde depositalos cando xa non son útiles: nos puntos de venda onde se adquiran aparatos novos ata un mes despois da compra ou, en caso de RAEE “moi pequenos”, nos puntos de venda cunha superficie superior aos 400 metros cadrados aínda que non se merque un novo aparato. En total, Galicia conta con máis de 1.000 puntos de reciclaxe e un millar de comercios e grandes superficies que colaboran con esta iniciativa.
A campaña desenvolverase tanto a través dos medios de comunicación, con presenza en televisión, prensa, radio, medios dixitais e publicidade exterior, como mediante diversas accións de street marketing coas que se informará á cidadanía sobre as obrigas e dereitos en relación á xestión dos RAEE. Para iso, situaranse stands con persoal cualificado en diversas localidades nos que se emitirá un vídeo informativo, haberá xogos e numeroso material promocional e divulgativo, e mesmo se percorrerán rúas e comercios cunha bicicleta adaptada que dará a coñecer a campaña en toda a localidade.
O coñecemento e a concienciación ao redor do tratamento de residuos ten aínda máis relevancia cando falamos do ámbito infantil, posto que unha adecuada formación en idades temperás axuda a interiorizar a mensaxe e a aplicala de forma moito máis sistémica ao longo de toda a vida. Co obxectivo de concienciar a cativada, visitaranse ao redor de 350 colexios –tanto públicos como concertados e privados– ao longo de toda a campaña nas catro provincias, realizando unha sesión por centro escolar. Ademais, haberá unha área virtual na que poderá participar o alumnado de centros aos que non se poida chegar “en persoa”. Ademais de diversas accións de divulgación a través de audiovisuais e material de traballo, porase en marcha un concurso de debuxo sobre a temática que contará con numerosos premios para os participantes.
Unha ambiciosa acción destinada a xestionar mellor un tipo de residuos en aumento na nosa contorna, pero tamén para insistir na importancia da correcta xestión de todo tipo de residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade que temos como individuos e como sociedade na sustentabilidade medioambiental. Según datos recollidos pola Asociación Nacional de Empresas de Distribuidores de Electrodomésticos (ADEN), que colabora coa iniciativa, “A cantidade de residuos retirados no 2016 supon un importante incremento respeto o exercicio anterior, cando recolléronse 10.600 toneladas, isto é, un 75 por ciento menos.”