- Con case 1400 votos rexistrados na nosa web, Afundación TV, Nelec, Copiloto de ABANCA, Acción Tatoo, Mayoría vs Minoría, Una cerveza como dios manda, Km C, Plan de apoio e atención ao persoal de sanidade para Xunta de Galicia, Colleita Propia, #MisMotivosVueling, Pack experiencial 3Camiños, Vueling Yellow Day, SON Estrella Galicia Posidonia, Identidade visual Xunta de Galicia, Web On Tax & Legal, Ensamble Isaac, Televés Brand Book y El cuaderno alado son os proxectos elexidos polos lectores deste medio como os favoritos a facerse cun Premio Paraugas 2021
- A última palabra teraa o xurado de expertos esta noite en Expourense, que será o encargado de distinguir as pezas e estratexias que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e obtención tanxible de resultados
O sector galego xa está preparado para a gala dos VI Premios Paraugas que se celebrará esta tarde en Expourense. Uns galardóns que se entregarán a partir das 20:00h, pero para ir animando o gran día en ExtraDixital xa temos o resultado da votación. Un sondeo que poñiamos en marcha este luns trala publicación dos finalistas por parte do xurado e do Clúster de Comunicación de Galicia.
Rozando os 1400 votos
Unha mostra do que podería ocorrer esta noite tras case 1400 papeletas virtuais recollidas na nosa web durante os escasos catro días que durou a enquisa. Os lectores de ExtraDixital deixáchedes claro cales son os vosos favoritos a levarse hoxe un Paraugas para a casa: Afundación TV, Nelec, Copiloto de ABANCA, Acción Tatoo, Mayoría vs Minoría, Una cerveza como dios manda, Km C, Plan de apoio e atención ao persoal de sanidade para Xunta de Galicia, Colleita Propia, #MisMotivosVueling, Pack experiencial 3Camiños, Vueling Yellow Day, SON Estrella Galicia Posidonia, Identidade visual Xunta de Galicia, Web On Tax & Legal, Ensamble Isaac, Televés Brand Book y El cuaderno alado.
¡Sorte esta noite a todos os nominados e que chova moito talento galego!
Categoría Márketing (Premios Avante Evolumedia)
Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’
Afundación TV. Fundación Galicia Obra Social ABANCA – Afundación (Miraveo/ ICON).
Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo
Nelec, Naturaleza Urbana. Grupo Castrosua (Reclam/Miraveo/Roi Scroll).
Mellor Acción de Promoción de Vendas
Copiloto – El Seguro de coche como tú lo hubieras hecho. ABANCA (Verve Creative Group/Redegal/Shackleton).
Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)
Mellor Idea
Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).
Mellor Campaña
Mayoría vs. Minoría. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Cervezas 1906).
Mellor Produción (Craft)
Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos Monxes).
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Mellor Estratexia de Comunicación Externa
Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas).
Mellor Estratexia de Comunicación Interna
Plan de apoio e atención ao persoal de sanidade para Xunta de Galicia. Nuria Carballo.
Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Colleita propia. Aceites Abril.
Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)
Mellor Estratexia de Márketing Dixital
#MisMotivosVueling. Torres y Carrera.
Mellor Campaña de Produto ou Servizo
Pack experiencial 3Camiños. Hijos de Rivera (Idea Creatividad).
Mellor Proxecto de Social Media
Vueling Yellow Day. Torres y Carrera.
Categoría Eventos (Premios tac!)
Mellor evento
SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa).
Categoría Deseño (Premios GAIN)
Mellor Deseño Gráfico
Xunta de Galicia – Identidade Visual. Costa.
Mellor Deseño Industrial ou de Produto
Espacios Candelas: Córner de café. Cenlitrosmetrocadrado – Cafés Candelas.
Mellor Deseño Dixital
Web On Tax & Legal. Corre Lola Corre.
Categoría Edición e Impresión (Premios HP Indigo)
Mellor Libro
Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica.
Mellor Traballo de Publicidade Comercial
Televés Brand Book. Reclam.
Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) feito en Impresión Dixital
El cuaderno alado. Gráficas Anduriña.