finalistas-mestre-mateo

Coñece aos finalistas dos XX Premios Mestre Mateo

  • «É Lalín… sóache?» , «Las Estrellas del Camino – Miradas de Resistencia», «Redes Vivas» e «Xacobeo, Camiña a Galicia» son os Anuncios finalistas que se batirán para levar o Premio Mestre Mateo o próximo 19 de marzo
  • Esther Estévez Casado, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez Rodríguez e Simone Saibene optan ao premio na categoría de Mellor Comunicador
  • «Cinephilia», «Clac», «Cos Pés na Terra» e «Dígocho eu» son os Programas que a Academia Galega do Audiovisual considera merecedores dos postos de finalistas nesta categoría

Os Premios Mestre Mateo xa teñen aos seus finalistas. A Academia Galega do Audiovisual (AGA) acaba de facer a lectura dos candidatos finalistas aos galardóns que neste 2022 celebran a súa vixésima edición estreando, ademais, nova imaxe e nova web.

O evento de lectura tivo lugar en Lugo grazas a colaboración de Café Candelas, que aportou o showroom no que se acolleu o acto, ademáis do café gourmet que poideron degustar os presentadores. Guiado mediante as verbas das comunicadoras Alba Mancebo e Esther Estévez e dos intérpretes Beatriz Serén, Luis Iglesia e María Costas, foi retransmitido mediante un directo na conta de Instagram da Academia Galega do Audiovisual.

Os finalistas das 24 categorías

Nas 24 categorías que conforman estes premios, presentáronse un total de 475 profesionais e 162 obras, nas que ó final clasificáronse 98 candidaturas como finalistas. As categorías son: Anuncio Publicitario, Comuniocador/a, Curtametraxe, Dirección, Dirección de Arte, Dirección de Fotografía, Dirección de Produción, Documental, Guión, Interpretación Feminina de Reparto, Interpretación Feminina Protagonista, Interpretación Masculina de Reparto, Interpretación Masculina Protagonista, Longametraxe, Maquillaxe e Perruquería, Montaxe, Música Orixinal, Programa, Realización, Serie de TV, Serie Web, Son, Vestiario, e por último, Videoclip.

Mellor Anuncio Publicitario

De tódolos Anuncios presentados, clasificáronse como finalistas dos XX Mestre Mateo: «É Lalín… sóache?» (Lucas Terceiro, Marga Pazos e Webcom Consultora de Comunicación e RRPP), «Las Estrellas del Camino – Miradas de Resistencia» (Kaito Estudios, Aupa e Estrella Galicia), «Redes Vivas» (Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria) e «Xacobeo, Camiña a Galicia» (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, S.L.).

Mellor Comunicado@

Os profesionais que se postulan como finalistas á categoría de Mellor Comunicador son Esther Estévez Casado (Dígocho eu-apuntamento lusófono, Caps 1-20), Paco Lodeiro (Atrápame se podes, Caps.1-114), Rodrigo Vázquez Rodríguez (Quen anda aí?, Caps. 177-370) e Simone Saibene (Cinephilia, Caps. 69-112).

Mellor Programa de TV

Os programas de televisión que se clasificaron coma finalistas son: «Cinephilia» (Capítulos 69-112) (Noveolas Producciones e Telemiño), «Clac» (Capítulos 1-19) (CRTVG, S.A.), «Cos Pés na Terra» (Capítulos 125-135) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.) e «Dígocho eu» (Capítulos 336-676) (CRTVG, S.A.).

As producións con máis categorías finalistas

Entre as producións presentadas que se clasificaron como finalistas, destacan especialmente aquelas que obtiveron recoñecemento en varias categorías. A produción que máis se repite como finalista é «Cuñados» con 16 candidaturas finalistas. Seguida de «Jacinto» (11), «Malencolía» (11), «Hierro» (8), «Eles transportan a morte» (6), e «Tres» (6).

A continuación deixamosvos a listaxe de finalista ao completo:

MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO:
E LALÍN… SÓACHE? (Lucas Terceiro, Marga Pazos e Webcom Consultora de Comunicación e RRPP).
LAS ESTRELLAS DEL CAMINO. MIRADAS DE RESISTENCIA (Kaito Estudios, Aupa e Estrella Galicia)
REDES VIVAS (Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria).
XACOBEO, CAMIÑA A GALICIA (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, S.L.).
MELLOR CURTAMETRAXE:
A COMUÑÓN DA MIÑA PRIMA ANDREA (Brandán Cerviño Abeledo). 
AUGAS ABISAIS (Rebordelos).
AURA (Abano Producións, S.L.).
FRACTURAS (Kraken Films).
MELLOR DOCUMENTAL:
A POETA ANALFABETA (Cósmica Producións).
A VIRXE ROXA (Recrea Films).
THE GREAT WAY (O GRAN CAMIÑO) (Meteórica Cine, Alba Prol Cid e Raúl García). 
WELCOME TO MA MAISON (Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films).
MELLOR LONGAMETRAXE:
CUÑADOS (Portocabo para TVE, TVG e Movistar +).
JACINTO (Vizuals Lab).
MALENCOLÍA (Maruxiña Films Company e TVG).
TRES (Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films).
CATEGORÍA MELLOR PROGRAMA TV:
CINEPHILIA (Capítulos 69-112) (Noveolas Producciones e Telemiño).
CLAC (Capítulos 1-19) (CRTVG, S.A.).
COS PÉS NA TERRA (Capítulos 125-135) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.). 
DÍGOCHO EU (Capítulos 336-676) (CRTVG, S.A.).
MELLOR SERIE:
A LEI DE SANTOS (Cap. 8-14) (Voz Audiovisual SAU e CRTVG S.A.).
AUGA SECA (CAP. 1-8, tempada 2) (Portocabo TV SL en coprodución con SPI para RTP e TVG).
HIERRO (CAP. 1-6, tempada 2) (Movistar e Portocabo en colaboración con Arte France y Atlantique Productions).
MÉTODO CRIMINAL (Cap. 1-20) (Voz Audiovisual SAU, CRTVG, S.A.).
CATEGORÍA MELLOR SERIE WEB:
CACOLA (CAPS. 1-5) (David Fidalgo Omil, Carballo Interplay).
DELICIAS AMARGAS (CAP. 1-4) (Kraken Films).
MATARÍA MICROSERIE (CAP. 41-49) (Dinamo Producións e Javi Sega Producciones).
XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA (CAP. 1-6) (Real Academia Galega e Miramemira, S.L.).
MELLOR VIDEOCLIP:
EL VOLCÁN, Pablo Lesuit (Luis Santaolalla Vidal).
FIGA, Tanxungueiras (Trece Amarillo e PlayPlan). 
FUKUSHIMA, Triángulo de Amor Bizarro (Toño Chouza). 
VOUCHO CONTAR ASÍ, Grupo Antilia (Cumac Producións).
MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN:
ESTHER ESTÉVEZ CASADO (Dígocho eu-apuntamento lusófono, Caps 1-20). 
PACO LODEIRO (Atrápame se podes, Caps.1-114).
RODRIGO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ (Quen anda aí?, Caps. 177-370).
SIMONE SAIBENE (Cinephilia, Caps. 69-112).
CATEGORÍA MELLOR DIRECCIÓN:
ALFONSO ZARAUZA (Malencolía).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2). 
TOÑO LÓPEZ (Cuñados).
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE:
ANDREA POZO (Cuñados).
ANTONIO PEREIRA (Tres).
SAMUEL LEMA (Jacinto).
SILVIA NAVARRO (Eles transportan a morte).
 MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: 
ALBERTE BRANCO (AEC) (Malencolía). 
JAIME PÉREZ (Cuñados).
JOSÉ ALAYÓN (Eles transportan a morte). 
LUCÍA C. PAN (¿Qué hicimos mal?).
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN:
ANA MÍGUEZ (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
ANA MÍGUEZ, JAVI LOPA (Cuñados).
BELI MARTÍNEZ, MARINA ALBERTI (Eles transportan a morte). 
MIRIAM DEVESA (Tres).
XABIER EIRÍS (Jacinto).
MELLOR GUIÓN:
ARACELI GONDA (Cuñados).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JUANJO GIMÉNEZ, PERE ALTIMIRA (Tres).
PERE COIRA, FRAN ARAÚJO, ARACELI GONDA, LIDIA FRAGA, ELIGIO R. MONTERO (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO: 
EVA FERNÁNDEZ (Cuñados).
IOLANDA MUIÑOS (Malencolía).
LEDICIA SOLA (Malencolía).
MARÍA VÁZQUEZ (Cuñados).
 MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: 
MARTA LARRALDE (Olvido y León).
MARTA NIETO (Tres).
MELANIA CRUZ (Malencolía).
SABELA ARÁN (Método criminal, caps. 1-20).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO: 
DIEGO ANIDO (Malencolía).
JUANMA BUITURÓN (Jacinto).
MANUEL CORTÉS (Cuñados).
RICARDO DE BARREIRO (Malencolía).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: 
FEDERICO PÉREZ (Cuñados).
MIGUEL DE LIRA (Cuñados).
PEDRO BRANDARIZ (Jacinto).
XOSÉ A. TOURIÑÁN (Cuñados).
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:
CHICHA BLANCO (Cuñados)
ERIKA GARCÍA LUQUE (Eles transportan a morte). 
LORENA CALVO (Jacinto).
PATRICIA FIDALGO, RAQUEL VILELA (Malencolía).
MELLOR MONTAXE:
ANDRÉS GOTEIRA (Welcome to ma maison).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA, GASPAR BROULLÓN, JUAN GALIÑANES (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2). 
LU RODRÍGUEZ (Cuñados).
MARCOS NINE (A Virxe Roxa).
MELLOR MÚSICA ORIXINAL:
CAMILO SANABRIA (Eles transportan a morte).
ELBA FERNÁNDEZ, XAVI FONT (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2). 
SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
SVALI, WENCES LAMAS (Jacinto).
MELLOR REALIZACIÓN:
GERARDO RODRÍGUEZ (Malicia Noticias, caps. 173-312).
JAIRO IGLESIAS (Origen, Caps 1-4).
JOSÉ VILLAVERDE (Land Rober Tunai Show, Caps. 221-250).
MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO (Cos Pés Na Terra, Caps. 125-135).
MELLOR SON:
ALFONSO COUCEIRO, SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
DANIEL FONTRODONA, ORIOL TARRAGÓ, MARC BECH, MARC ORTS (Tres).
JAVIER PATO, DAVID MACHADO (Malencolía).
JUAN GAY, DIEGO STAUB (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR VESTIARIO:
ALICIA DAPENA, LOLA DAPENA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2). 
ATRI GUTIÉRREZ, MAIKA NOVO (Eles transportan a norte). 
LORENA CALVO (Jacinto).
RENATA UZAL (Malencolía).

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos